Comercio

Centro Comercial Aberto

A Asociación de Empresarios de Redondela é a entidade encargada da xestión do CENTRO COMERCIAL ABERTO DE REDONDELA que comprende a área comercial urbana de Redondela e integra de forma complementaria e coordinada os demais eixos comerciais do Concello.

O núcleo comercial de Redondela constitúe o principal eixo comercial do municipio concentrando gran variedade e diversidade de oferta comercial. Nel desenvolvese as principais campañas e eventos comerciais.

Prazas de Abastos

Os núcleos comerciais de Redondela e Chapela contan con sendas Prazas de Abastos cunha oferta especializada en produtos frescos. A xestión dos edificios nos que desenvolven a actividade comercial os praceiros é municipal pero eles teñen independencia para desenvolver accións de promoción comercial tanto de forma individual coma conxunta.