Os emprazamentos da industria en Redondela están dispersos e concentran un número non moi grande de empresas por este motivo dende a Asociación de Empresarios reclámase unha configuración espacial singular para estas zonas para que sexan dotadas con mesmos servizos básicos e infraestruturas que outros emprazamentos industriais de maior dimensión.
Redondela está integrada no Proxecto Doing Business do Grupo Banco Mundial, creado para a recompilación e análise dos datos cuantitativos para obter indicadores que permitan comparar os trámites e os tempos nas distintas fases de vida das empresas, no que está a participar a Xunta través da Consellería de Economía, Emprego e Industria xunto ao Ministerio de Economía e Competitividade a través do ICEX e que comporta beneficios para os investimentos industriais.