
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA CUMPRE 40 ANOS.
En xaneiro de 1985 votou a andar o proxecto de constitución da Asociación de Empresas de Redondela. Na cafetería Stop de Redondela un grupo de empresarios da localidade reúnense co obxectivo de constituír unha asociación de negocios da localidade, hoxe nese mesmo local está emprazado o comercio de lenzaría Zarifa e no que se deron cita os actuais membros da Xunta directiva para rememorar ese momento.
A actual xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela quere
render unha homenaxe aos impulsores da entidade e tantos empresarios e
empresarias que ao longo destes 40 anos forman e formaron parte desta
Asociación Empresarial dándose cita no mesmo lugar é a mesma hora para
posteriormente celebrar unha reunión de xunta directiva na que abordará o
programa de eventos conmemorativos desta efeméride.
No orde do día da xuntanza ademais de organizar
un programa de eventos conmemorativos a Xunta Directiva aborda un plan de
traballo intenso xa que a entidade atópase xestionando un importante número de
programas como:
-
Xuventude Mentoring na Empresa
-
Programa Integrado de Emprego
-
Programa de Dinamización
comercial do Centro Comercial Aberto
-
Programa de Dinamización
comercial Praza de Abastos
-
Programa de dixitalización do
Kit Dixital
Para a conmemoración do aniversarios prevese un
programa de actos e actividades que se prolongará ao longo de todo o ano
resaltando datas claves daqueles primeiros pasos dados para a constitución e
adquisición de personalidade xurídica da entidade que durou máis de un ano e
que se culminou o 3 de marzo de 1986 coa definitiva adquisición de
personalidade xurídica e polo tanto plena capacidade de obrar en defensa dos
intereses comúns das empresas do municipio.
O sector comercial, hostaleiro, industrial, de
servizos e a construción aglutináronse nunha única entidade de representación
empresarial no municipio da formaron parte neste 40 años de historia 971
empresas. O número de afiliación máis baixo que permanece activo é o número 2,
cuxa titularidade ostenta a empresa CONSTRUCCIONES ALFREDO VIDAL, S.L. . ata a
última e máis recente incorporación do recentemente inaugurado establecemento
de aloxamento ALBERGUE CASA DA HERBA da mercantil MOLINOS, G.H. S.L.
A xunta Directiva actual está conformada por 12
persoas,
PRESIDENTE
ENRIQUE
LAGO GRANADA
VICEPRESIDENTA
VERÓNICA GONZÁLEZ SEIJAS.
VICEPRESIDENTA 2º
MARGARIA CATRO PÉREZ.
TESOUREIRA
ROSA Mª AMODEDO GONZÁLEZ.
SECRETARIA
ANA BELÉN FABRE RAMONET.
VOGAIS
JOSE CARLOS RODRÍGUEZ VILLAMARÍN.
CARMEN LÓPEZ VIDAL.
GUSTAVO RENAN BARREIRO MORRESSI.
JOSÉ VEIGA PINTOS.
PATRICIA BALLESTEROS LEBORÁNS.
ROSANA ALVAREZ ROMERO.
FRANCISCO MIGUEZ PAZOS.
Naquel entón, recolle a acta daquela primeira
xuntanza a:
-
Perfecto Cabaleiro Vidal
-
Celso Pérez González
-
Antonio Cuntis Taboas
-
Adolfo Durán Chamadoiro
-
José Carlos Crespo Piñeiro
-
Antonio Fernández González
A fronte da xerencia da entidade durante os
últimos 20 años está Julia Alonso. Licenciada en Ciencias Económicas e
Empresarias e con diversos Master e
Estudos de Postgrao, chegou a Redondela recen titulada cando a entidade apenas
dispuña dunha máquina de escribir e un vello ordenador. Envorcou o seu traballo
no asesoramento ao emprendemento, na promoción do emprego e apostou polo comercio local ata
acadar a catalogación como Centro Comercial Aberto.
-
Este fito non resultou nada
fácil, houbo que salvar moitas limitacións administrativas para dar a
configuración axeitada a realidade comercial do municipio. O seu mantemento no
tempo tamén foi unha constante loita dados os continuos cambios de criterio da
administración. Hoxe Asociación de Empresarios de Redondela é unha das entidades
de Galicia que se mantén no nivel máis alto de financiamento das actividades de
dinamización comercial e que mantén unha actividade comercial destaca con
negocios locais.
-
Digno de lembrar foi o gran
esforzo realizado para por en marcha eventos como a Feira de Oportunidades, na
que foi realmente complicado convencer aos comerciantes de aquel entón as
bondades deste evento que hoxe ninguén cuestiona.
-
A Festa do Choco foi outro dos
proxectos postos en marcha pola entidade que merece ser destacado, a distinción
como Festa de Interese Galego foi acada grazas ao traballo da Asociación de
Empresarios e ao apoio do Concello de Redondela naquel momento.
-
E outros moitos eventos e
actividades como o Entroido de Verán, a Shpopping Nigh teñen o xerme nos homes
e mulleres que conforman este colectivo empresarial
Hoxe, a entidade é un activo para a sociedade de
Redondela na que o traballo polo
desenvolvemento económico do municipio e a defensa dos intereses empresariais é
un feito valorado tanto polos empresarios e empresarias como pola sociedade en
xeral. É co ánimo de seguir
reinventándose apostan por seguir acompañando ao tecido empresarial da
localidade nos grandes retos que están por chegar durante, ao menos, outros 40
anos máis.