A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PARTICIPA NA PRIMEIRA XUNTAZA DA MESA DE ASESORAMENTO ECONÓMICO E REESTRUCTURACIÓN DO COMERCIO.
A asociación propón medidas de reactivación e plans sectoriais específicos .
Entre as
medidas máis inmediatas a Asociación solicita, MEDIDAS FISCAIS, que os impostos e taxas con devengo anual e cuxo
suxeito pasivo sexa unha persoa física ou xurídica que desenvolva a súa
actividade económica o Concello de Redondela, se lle aplique unha redución
equivalente ao:
-
100% do importe proporcional correspondente ao período de inactividade
-
Ou ao 50% para as actividades esencias ou con apertura permitida durante o
estado de alarma.
Fundamentalmente
nos estamos a referir a impostos como: IBI, IAE, IVTM e taxas municipais como:
recollida de lixo, licenzas de autotaxis, instalación na vía publica de mesas e
cadeiras, instalación de kioscos e as taxas da Praza de Abastos.
No eido
fiscal, ademais destas medidas inmediatas, tamén é preciso abordar, no curto
prazo, a reformas noutros tributos locais como é o caso das Licenzas de Apertura.
Entre as
demandas inmediatas tamén se solicitaron MEDIDAS
DE SOSTEMENTO, unha das principais dificultades do pequenos empresarios
locais é ter que seguir facendo fronte aos gastos fixos durante o período de
inactividade, sendo os alugueres un dos máis destacados e que xa antes da
crisis era claramente identificado como un dos principais condicionantes da
rendibilidade dos negocios locais. Un
83% dos negocios locais están en réxime de aluguer, polo que a Asociación
propuxo na mes:
-
AXUDAS DIRECTAS para sufragar gastos fixos
-
AXUDAS INDIRECTA, por exemplo bonificando aos propietarios que durante os
meses de actividade condonen todo ou parte dos alugueres.
Entre as MEDIDAS
PARA FALICITAR A LIQUIDEZ , que a Asociación reivindicou dende o primeiro
momento que se dese máxima axilidade do pago a provedores locais do propio
concello, dando conta na reunión do estado de execución dos mesmos. Pero
ademais, como consecuencia deste novo contexto de confinamento e distanciamento
social a Administración local vese na obriga de prestar
servizos inéditos e de reprantexar como se prestan os xa preexistentes polo
que propón a definición dunha CARTA NOVOS
DE SERVIZOS e se busque o encaixe da prestación dos mesmo a través de
empresas locais.
Respecto da batería de MEDIDAS PARA A REAPERTURA púxose o acento na dixitalización, no
apoio a dotacións de medios materiais para facilitar a prestación de servizos e
o desenvolvemento da vida comercial de forma segura e en xeral a como configura
o entorno comercial más próximo ao consumidor como a mellor opción e máis
segura para cubrir as súas necesidades de consumo. Dende a Asociación se propuxo traballar
sectorialmente xa que as medias e a repercusión sobre os distintos tipos de
actividade son moi diferentes.
Adicionalmente, a participación na reunión de distintos
colectivos como a Confraría de pescadores ou o colectivo de taxista pon de
manifestos as sinerxías positivas da integración e a colaboración entre dos
distintos axentes económicos.