A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA UN MARKETPLACE PROMOCIONAL PARA POTENCIAR A VENDAS DO COMERCIO LOCAL.
A campaña de San Valentín chega chea de ideas para regalar.
Para a posta en marcha desta campaña a Asociación conta con este novo instrumento promocional que pretende ser unha ferramenta útil de promoción da
oferta conxunta de todo o comercio e actividades de servizos da localidade para
potenciar tanto as vendas en tenda como as vendas online.
Desde esta nova plataforma os produtos están directamente enlazados con
cada unha das tendas virtuais de cada establecemento, no caso de que conten con
elas. Na Asociación de Empresarios vimos traballando no asesoramento en todos
aqueles programas de axudas e subvencións que se veñen convocando para a
creación de páxinas web e portais de venda para as empresas e moi especialmente
para o pequeno comercio, pechando así a “cuadratura do círculo” deste ambicioso
proxecto que axudará a por en valor a gran oferta de produtos e servizos do
comercio local nun proxecto que combina a forza da unión coas distintas
estratexias de dixitalización individuais dos establecementos.
Esta campaña de San Valentín, lanzamos ideas para regalar, pero xa estamos preparando as ideas para
regalar no Día do Pai, en Pascua, no Día na Nai e en todas aquelas datas
comerciais significativas así como as ofertas, descontos e promocións das
distintas campañas e feiras que se celebrarán en 2022.
A creación de dinámicas de traballo coas empresas asociadas e a implicación
das mesmas está a ser o gran reto desta fase do proxecto na que comercio pero tamén hostalaría e
servizos colaboren para poder difundir a gran oferta que a suma de todos os
pequenos establecementos da vila poñen a disposición da clientela. Detrás desta
acción hai un gran traballo de creación de contidos que é posible non so polo
traballo do persoal da asociación se non tamén polo bo facer dos comerciantes
que preparan o material gráfico dos seus produtos.
A través da web tamén se pode acceder a información da rede de Venda das Tarxetas
Regalo, unha opción para os que queren acertar
seguro cos seus agasallos. As tarxetas pode adquirirse por valor de 20€, 50€ e
100€ na rede de venda e consumirse en calquera establecemento da rede de
consumo.