A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS PON EN MARCHA UN PROGRAMA PARA DIFUNDIR ENTRE AS EMPRESAS O PROGRAMA KIT DIXITAL
Firma de convenios de colaboración con axente dixitalizadores será un dos eixos deste programa. SOYCOM, empresa con orixe en Chapela, é primeira empresa en lanzar a súa proposta de dixitalización ás empresas asociadas.
O programa prevé a
sinatura de convenios con empresas adheridas como axente dixitalizador oa
programa Kit Dixital e a realización de webinars para informar ás empresas das distintas solucións dixitais e a
publicación dun boletín con información dos eventos de difusión que teñan lugar
no entorno ou de forma dixital.
Os axentes dixitalizadores son actualmente os únicos habilitados para subscribir acordos de presentación de solucións de dixitalización coas empresas beneficiarias das axudas do programa Kit Dixital.
Este novo convenio coa empresa SOFYCOM achega ademais solucións e paquetes de hardware que dan a posibilidade de adquirir en condicións vantaxosas este equipamento.
Máis información sobre o convenio.