A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA COORDINA UNHA NOVA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL: OS DESCONTOS DA BLACK FRIDAY CHEGAN TAMÉN AO COMERCIO LOCAL.
As ofertas de Black Friday chegan este venres e sábado ao comercio local.
A Asociación
centra as accións da campaña na identificación e decoración dos establecementos
e na promoción nas redes sociais das ofertas e descontos coa mirada posta na
Campaña de Nadal e o adianto das compras de agasallos.
Dende
a web e as redes sociais xa se poden ir consultando todas as promocións da
campaña que chegan a descontos que van do 20 ao 50%.
Ver ofertas.
O Comercio
atende así demanda da clientela que ven preguntando polas ofertas dende hai semanas.
A
campaña está activa exclusivamente o venres 29 e o sábado 30 tal e como foi acordado
na reunión anual para a coordinación das campañas de dinamización posta en
marcha ao abeiro do Plan anual de dinamización comercial do Centro Comercial Aberto
que conta co financiamento da pola Xunta de Galicia.