A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PON EN MARCHA UN ESTUDO PARA ANALIZAR O IMPACTO REAL DA NOVA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO LIXO EN REDONDELA.
A subida da taxa do lixo móvese nun rango entre o 50% e o 900% para as actividades económicas do municipio, afectando de forma desigual aos distintos sectores.
Para a cuantificación económica do impacto, a entidade está a realizar un
traballo de campo a través dunha enquisa dirixida á todas as empresas da
localidade así como aos propietarios dos locais nos que se realizan actividades
comerciais e empresariais.
Cunha mostra significativa de empresas enquisadas, as primeiras conclusións
que se extraen levan a Asociación de Empresas de Redondela a estudar a presentación dunha alegación conxunta
xa que a repercusión sobre as contas de resultados das empresas fan a algunhas cheguen
a prantexarse deslocalizarse do municipio, feito que se debe evitar a toda
consta xa que Redondela non se pode
permitir perder nin unha soa empresa máis. De ser así a espiral de perda de
ingresos podería comprometer incluso a estabilidade económica do propio
concello.
Ao abeiro do disposto na lei 7/2022,
de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular,
son moitas as obrigas e retos que teñen que afrontar as administracións locais,
todas elas orientadas a reducir os
efectos negativos da xeración e xestión de residuos na saúde humana e no medio
ambiente, expresamente esta lei recolle a obriga de dispor dunha taxa de
carácter público non tributaria, diferencia e específica para os servizos que
deben prestar en relación cos residuos de competencia municipal, TAXA QUE DEBERÍA TENDER HACIA UN PAGO POR
XERACIÓN DE RESIDUOS, cuestión que
se obvia nesta ordenanza, sendo a súa modificación unha oportunidade para
atender aos requirimentos establecidos por esta nova normativa legal.
Os axustes na ordenanza fiscal, que
a Asociación de Empresas de Redondela entende necesarios para
atender aos requirimentos legais, deben
por o foco na implementación de sistemas
de pago por xeración, cuestión que non se traballa de forma profusa nesta nova
ordenanza e deben vir acompasados dunha mellor xestión na recollida
separada de residuos, no establecemento de medidas para a preparación de
residuos para a reutilización e reciclado, que tamén están a propiciar novas
oportunidades de negocio e a creación novos empregos, e non enfocarse exclusivamente
nun instrumento recadatorio.
O impacto sobre as actividades é moi desigual, cuestión que é
totalmente cuestionable ao non estar vinculada conceptualmente con ningún
sistema de xeración. Así por exemplo, restaurantes
e cafetería poden estar nunha pinza se subida que pode oscilar entre o 150% e o 250%, o comerio prenta un
rango ente o 45,70% e o máis do 700% e actividades como academias de ensino poderían chegar a unha subida próxima ao 900%. Os
centros residenciais vense afectados en maior medida pola subida canto menor é
o seu tamaño, así unha residencia de menos de 25 prazas podería estar
experimentado unha subida na taxa do lixo de case o 1.000%.
Mención aparte merecen as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, OCIO E
SIMILARES que poderían chegar a pagar ata 2.028,55 € en caso de superar os 500m2
e que sen dúbida polo carácter social e non lucrativo que teñen moitas das
entidades que dispoñen deste tipo de instalacións deberán entenderse incluso
eximidas da propia taxa.
En xeral as valoracións cualitativas
das empresas enquisadas consideran que este abrupto incremento é un abuso e
que creen que a medida debería ter, cando menos, un incremento paulatino.
- “Creo que economicamente o
concello está mal, precisan recadar e o van a facer a nosa costa . Sen embargo
cada vez axudan menos, trátanos peor e esixen condicións máis irracionais. Iso
non é xusto deberíamos manifestar o noso descontento e que a xente sexa
consciente do que están facendo”.
-“Os empresarios estamos pagando os
pratos rotos da mala xestión do Concello”
–“Me
parece una tasa desmedida, cuando no utilizamos el servicio, porque tenemos una
empresa que se encarga de la recogida de nuestros residuos: sí finalmente ese
es el importe a pagar nos buscaremos otro sitio para desempeñar nuestra
actividad en municipios cercanos. (atraco a mano armada)”.
A ASOCIACIÓN ESTUDA O PERCORRIDO
XURÍDICO QUE PODERÍAN TER CERTAS EIVAS QUE SE POÑEN DE MANIFESTO NO PROPIO
INFORME TÉCNICO ECONÓMICO DA NOVA TAXA.
Poderíamos estar ante un caso de indeterminación
da base impoñible xa que, para as actividades nas que o factor
parametrizable de cálculo da taxa fíxase en función dos metros cadrados, nin o
informe nin a ordenanza definen o método nin a forma de determinación dos
mesmos. Para os cálculos o informe técnico-económico cuantifica en 2.564
actividades económicas que comprenden 375 actividades ou tipo de negocios e que
aos efectos de determinación da taxa agrúpanse en 12 categorías, pero en ningún
momento conta cos valores dos metros cadrados de superficie comercial nin
empresarial o que nos pode levar ao incumprimento do artigo 24.2 do Texto
refundido da Lei Reguladora das facendas locais, que establece que o importe
das taxas non poderá exceder, no seu conxunto o custe real previsible do
servizo polo que as estimacións de recadación están condicionadas á
determinación da variable m2, que non se define claramente nin no
informe nin na propia ordenanza cales
nin como serán de aplicación. Polo
tanto, e considerando que a falta de claridade e precisión na determinación da
base impoñible, derivada da indeterminación da superficie de aplicación, podería
ser un factor clave para acadar a anulación da nova ordenanza ante a xustiza. A entidade fai un chamamento a todas as
empresas a subscribir a alegación e a que todas as forzas políticas,
especialmente as que teñen competencias de goberno, atendan a considerar a
conveniencia da nova ordenanza nos termo nos que foi aprobada no pleno do
Concello de Redondela do día 21 de outubro de 2024 e atendan a oportunidade de establecer unha
nova ordenanza moderna e que responda aos principios establecidos de pago por
xeración da nova lexislación en materia de economía circular.