ALEGACIÓN E ESTUDO DO IMPACTO DA NOVA TAXA DO LIXO EN REDONDELA
ALEGACIÓNS e Estudo do impacto da nova ordenza fiscal reguladora da taxa municipal pola prestación do servizo de recollida, transporte e tramento de residuos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS: 13 de decembro de 2024.
Realizado un estudo sobre sobre o impacto da subida da Taxa do Lixo e analizado a documentación relativa oa citado expediente, a Asociación de Empresas de Redondela, ven de presentar ante o Rexistro do Concello de Redondela unha ALEGACIÓN solicitando que se deixe sin efecto a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratametno de residuos.
Se queres coñecer con detalle esta alegación podes consultar aquí o texto completo.
Á ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE REDONDELA
- Alfonso XII, 2 -
36800 Redondela
Asunto: Escrito de RECLAMACIÓNS,
SUXESTIÓNS E ALEGACIÓNS á Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación
do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos aprobada
provisionalmente en sesión ordinaria do Pleno do Concello de Redondela do día
21 de outubro de 2024.
D. Enrique Lago Granada, con DNI 36021217C, en calidade
de presidente, en nome e representación da Asociación
de Empresarios de Redondela, con CIF G-36039238 con domicilio a efectos de
notificacións en rúa José Regojo 2, 1º B, 36800, Redondela, e e-mail aer@empresasredondela.gal
Ante esta
Administración COMPARECE e EXPÓN
Que o Boletín oficial da
Provincia de Pontevedra (Núm. 212 de mércores 30 de outubro de 2024) publica a aprobación inicial polo Pleno do Concello de Redondela, en sesión celebrada o
día 24 de outubro de 2024, da modificación
da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida,
transporte e tratamento de residuos.
Que dentro do prazo conferido, e unha vez analizada a documentación
sometida a información pública, e á vista das terminacións contidas nos
documentos, por medio do presente escrito e en base ao establecido no artigo
49.b) da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, veño a
efectuar as seguintes
RECLAMACIÓNS, SUXESTIÓNS E ALEGACIÓNS
PRIMEIRA.- A
NOVA ORDENANZA NON ESTÁ ALIÑADA COS PRINCIPIOS ESTABLECIDOS NA LEI 7/2022 DE 8
DE ABRIL, DE RESIDUOS E SOLOS CONTAMINADOS PARA UNHA ECONOMÍA CIRCULAR.
Ao abeiro do
disposto na lei 7/2022, de 8 de abril, de
residuos e solos contaminados para unha economía circular, son moitas as
obrigas e retos que teñen que afrontar as administracións locais, todas elas
orientadas a reducir os efectos
negativos da xeración e xestión de residuos na saúde humana e no medio ambiente,
expresamente esta lei recolle a obriga de dispor dunha taxa de carácter público
non tributaria, diferenciada e específica para os servizos que deben prestar en
relación cos residuos de competencia municipal, TAXA QUE DEBERÍA TENDER HACIA UN PAGO POR XERACIÓN DE RESIDUOS, cuestión que se obvia nesta ordenanza,
sendo a súa modificación unha oportunidade para atender aos requirimentos
establecidos por esta nova normativa legal, cuestión que manifestamente se
desatende na nova ordenanza fiscal, considerando necesario que se aproveite a oportunidade de establecer
unha nova ordenanza moderna e que responda aos principios establecidos de pago
por xeración da nova lexislación en materia de economía circular.
A fundamentación xurídica desta consideración ven
dada polo artigo 11.3 la Lei 7/2022, de 8
de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular,
este artigo dispón que as entidades locais deben establecer unha taxa ou, no
seu caso, unha prestación patrimonial de carácter público non tributaria, que
permita implantar sistemas de pago por xeración e que reflexe o custe real,
directo ou indirecto, das operacións de recollida, transporte e tratamento de
residuos, e dicir, una taxa de basura en función da xeración dos mesmos.
SEGUNDA.- VULNERACIÓN DOS PRINCIPIOS DE IGUALDADE,
CAPACIDADE CONTRIBUTIVA.
O impacto sobre as actividades é moi desigual, o cal é
totalmente cuestionable ao non estar vinculada conceptualmente con ningún
sistema de xeración. Así por exemplo, restaurantes
e cafeterías poden estar nunha pinza de subida que pode oscilar entre o 150% e o 250%, o comercio presenta
un rango ente o 45,70% e o máis do 700% e actividades como academias de ensino poderían chegar a unha subida próxima ao 900%. Os
centros residenciais vense afectados en maior medida pola subida canto menor é
o seu tamaño, así unha residencia de menos de 25 prazas podería estar
experimentado unha subida na taxa do lixo de case o 1.000%.
O principio de igualdade, que establece
que todas as persoas deben ser tratadas de maneira igual ante a lei, sen
discriminación inxustificada, no momento,
en que as taxas varían significativamente por razón dun só metro cadrado de
superficie comercial, sen unha xustificación razoable, que en ningún momento se
recolle no Estudo Técnico-Económico, senón ben ao contrario, estaríase violando
este principio de igualdade. A modo de exemplo, un centro de ensinanza cunha
superficie de 100m2 pagaría 287,03€ mentres un local de 101m2,
pagaría 634,04€, e dicir, máis de dúas veces o importe por tan só un metro
cadrado máis. Incluso desenvolvendo a actividade en dous locais de 100m2,
e dicir, tendo 200m2 distribuídos en dous locais, estaría a pagar
menos que nun só local de 101m2.
De igual modo a
fixación da taxa en función de tramos por metros cadrados podería estar
vulnerando o principio de capacidade
contributiva.
E por outra banda,
as diferencias significativas que presenta a taxa nos saltos de trama non teñen
unha base legal clara xa que non se xustifican en base aos criterios
desenvolvidos no Estudo Técnico-Económico, polo tanto compre ser consideradas
arbitrarias. Este principio de
legalidade, que establece que os tributos deben estar claramente
establecidos pola lei e non ser arbitrarios choca tamén frontalmente coa
indeterminación dos metros cadrados que sería de aplicación no cálculo da taxa.
Os fundamentos xurídicos destes tres principios
que veño de referir recóllense na Constitución Española, así como na Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e
Prezos públicos que establece as normas xerais sobre a creación,
modificación e supresión de taxas e prezos públicos, asegurando que se apliquen
os principios fiscais mencionados.
TERCEIRA.-
A NOVA ORDENANZA NON CONSIDERA A
APLICACIÓN DE NORMATIVAS SECTORIAIS DE TRATAMENTO DE RESIDUOS POLO QUE PODE
CONSIDERARSE INXUSTA E DESPROPORCIONADA.
A
ordenanza non ten en consideración a singularidade das empresas obrigadas a
contratar servizos privados para a xestión de residuos, polo que estaría
vulnerando principios como:
-
Principio de non duplicidade de
cargos: si unha empresa está obrigada por normativa sectorial a contratar
un servizo privado de xestión de residuos, impoñer unha taxa adicional por un
servizo que non emprega pode considerar unha duplicidade de cargos, o que
resulta inxusto e desproporcionado.
-
Principio de seguridade xurídica:
a falta de recoñecemento das obrigacións sectoriais específicas na ordenanza
fiscal pode xerar inseguridade xurídica para as empresas afectadas, xa que non
saberán si deben cumprir con ambas normativas ou como se coordina o seu
cumprimento.
-
Principio de equidade tributaria:
non ter en conta as particularidades das empresas obrigadas a xestionar os seus
propios residuos podería violar este
principio, que require que as taxas sexan aplicadas de maneira xusta e
proporcionada a todos os contribuíntes
Para todas estas empresas que han de cumprir con
normativas sectoriais específicas e que xa están asumindo unha carga económica
para xestionar axeitadamente os seus residuos, imporlles una taxa adicional sen
considerar as obrigas sectoriais pode desincentivar o cumprimento,
desincentivar novas aperturas ou, incluso propiciar a deslocalización de
empresas.
Os fundamentos
xurídicos neste caso son innumerables, pero atendendo a aqueles que afectan
ás empresas que pola súa pequena dimensión poden ser consideradas máis
vulnerables, podemos facer referencia ao Real
Decreto 1055/2022, coñecido como a Lei de Envases e Residuos de Envases que
establece que as empresas deben xestionar o tratamento dos residuos de envases
que xeran. Esta norma, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025, está a punto de supor importantes cambios e
sobrecustes para pequenos establecementos comercias derivados da denominada
responsabilidade ampliada do produtor na que a lexislación considera “produtor”
non so aos fabricantes e que, polo tanto, afectará tamén aos comercios que usan
envases para a venda de produtos aínda que non os fabrique directamente.
CUARTA.-
A FALTA DE CONSULTA PÚBLICA
PREVIA PODE SUPOR UNHA VULNERACIÓN DOS PRINCIPIOS DE BOA REGULACIÓN DE
PROCEMENTOS ADMINITRATIVOS.
Non
consta que existira unha audiencia pública previa para permitir a participación
de cidadáns e empresas afectadas pola normativa. Aínda que puidera non ser
preceptiva a consulta pública previa para este tipo de ordenanza, e estando
esta cuestión non exenta de controversia xurídica, o certo é que o artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece
con carácter obrigatorio realizar unha consulta pública previa antes da
elaboración de normas xerais, o que inclúe as ordenanzas locais, e aínda que
fagamos notar aquí que trátase dunha modificación dunha ordenanza, compre
sinalar un cambio substancial sobre a mesma e en todo caso que non dándose
elementos de excepcionalidade para que este trámite de consulta previa non se
realizara, houbera aportado aspectos positivos. O trámite de audiencia previa,
que non obstante podería contar con argumentos sustentables para poder ser
considerado preceptivo e ter percorrido xurídico de cara a consecución da
nulidade da ordenanza, de terse realizado houbera aportado perspectivas,
opinións, preocupacións e coñecementos susceptibles de mellorar o contido
evitando problemas antes da entrada en vigor da ordenanza, e dicir, que
contribuiría a que a norma fose máis xusta, eficaz e adaptada as realidades e
necesidades das empresas e da cidadanía en xeral.
A fundamentación
xurídica ven dada polo referido artigo
133 Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas.
QUINTA.-
INDETERMINACIÓN DA BASE IMPOÑIBLE.
Poderíamos
estar ante un caso de indeterminación da
base impoñible, xa que, para as actividades nas que o factor parametrizable
de cálculo da taxa son os metros cadrados, nin o informe nin a ordenanza
definen o método nin a forma de determinación dos mesmos o que non permite
realizar unha estimación efectiva. Para os cálculos o Informe Técnico-Económico
cuantifica en 2.564 actividades económicas que comprenden 375 actividades ou
tipos de negocios e que, aos efectos de determinación da taxa, agrúpanse en 12
categorías, pero, en ningún momento cuantifica os metros cadrados de superficie
comercial nin empresarial o que nos pode levar ao incumprimento do artigo 24.2
do Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, que establece que o
importe das taxas non poderá exceder, no seu conxunto o custe real previsible
do servizo polo que estando as estimacións de recadación vinculadas á
determinación da variable m2, e non estando esta cuantificada, nin definido
o seu cálculo claramente nin no informe nin na propia ordenanza a recadación podería superar o teito
legalmente establecido. Polo tanto, a
falta de claridade e precisión na determinación da base impoñible, derivada da
indeterminación da superficie de aplicación, podería ser un factor clave para
acadar a anulación da nova ordenanza ante a xustiza. A xurisprudencia ao
respecto, pon de manifesto que os tribunais acostuman a fallar, nestes casos, a
favor dos contribuíntes.
Os fundamentos
xurídicos, en relación a esta cuestión derivada da falta de especificación
de como se computan os metros cadrados nin a determinación dos mesmos para
estimar a recadación total, susténtanse no artigo 24 do Texto Refundido la Lei Reguladora de Facendas Locais, Decreto
Lexislativo 2/2024 de 5 de marzo, no que se integra e actualiza a normativa
sobre as facendas locais en España, incluíndo disposicións sobre impostos e
taxas.
Por todo o exposto,
SOLICITO que, tendo por
presentado o presente escrito, o mesmo se admita, se teñan por formuladas as
presentes reclamacións, suxestións e alegacións, e, en base aos razoamentos
expostos, procédase a deixar sen efecto a modificación da ordenanza
fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e
tratamento de residuos.
En Redondela, a 11 de decembro de 2024,
Este estudo postos en marcha pola Asociación de Empresario de Redondela ten como obxecto cuantificar o impacto da subida da taxa do lixo nas distintas actividades económicas.
CUBRE A ENQUISA
CONSULTA A TABOA DE TARIFAS
CATEGORÍA | TARIFA | |
2. CAFETERÍAS, BARES E SIMILARES SEN SERVICIO DE COMIDA | ||
2.1 ATA 100 m2 | 327,97 € | |
2.2 MÁIS DE 100 m2 | 546,00 € | |
3. RESTAURANTES CON O SEN CAFETERÍA ANEXA | ||
3.1 HASTA 100 m2 | 644,31 € | |
3.2 MAS DE 100 m2 HASTA 300 m2 | 1.601,30 € | |
3.3 MAS DE 300 m2 | 2.601,80 € | |
4. SERVIZOS DE HOSPEDAXE E SIMILARES | ||
4.1 ATA 5 PRAZAS | 203,78 € | |
4.2 MÁIS DE 5 PRAZAS ATA 10 | 343,45 € | |
4.3 MÁIS DE 10 PRAZAS ATA 20 | 602,58 € | |
4.4 MÁIS DE 20 PRAZAS ATA 30 | 824,95 € | |
4.5 MÁIS DE 30 PRAZAS | 1.010,57 € | |
5. TENDAS DE ALIMENTACIÓN, SUPERMERCADOS, HIPERMERCADOS, INDUSTRIAS ALIMENTARIAS E SIMILARES | ||
5.1 HASTA 50 m2 | 205,16 € | |
5.2 MAS DE 50 m2 HASTA 100 m2 | 363,10 € | |
5.3 MAS DE 100 m2 HASTA 250 m2 | 836,92 € | |
5.4 MAS DE 250 m2 HASTA 500 m2 | 1.626,62 € | |
5.5 MAS DE 500 m2 | 2.447,91 € | |
6. BANCA, OFICINAS, DESPACHOS PROFESIONAIS E SIMILARES | ||
6.1 ATA 50 m2 | 165,73 € | |
6.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 274,39 € | |
6.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 600,36 € | |
6.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 1.143,63 € | |
6.5 MÁIS DE 500 m2 | 1.708,64 € | |
7. LOCAIS DESTINADOS A ACTIVIDADES SANITARIAS E SIMILARES | ||
7.1 ATA 50 m2 | 144,79 € | |
7.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 227,27 € | |
7.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 474,69 € | |
7.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 821,07 € | |
7.5 MÁIS DE 500 m2 | 1.315,91 € | |
8. CENTROS DE ENSINANZA E SIMILARES | ||
8.1 ATA 50 m2 | 171,35 € | |
8.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 287,03 € | |
8.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 634,04 € | |
8.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 1.119,87 € | |
8.5 MÁIS DE 500 m2 1.813,90 € | 1.813,90 € | |
9. INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, OCIO E SIMILARES | ||
9.1 ATA 50 m2 | 182,80 € | |
9.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 312,78 € | |
9.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 702,73 € | |
9.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 1.352,64 € | |
9.5 MÁIS DE 500 m2 | 2.028,55 € | |
10. CENTROS RESIDENCIAIS E SIMILARES | ||
10.1 ATA 25 PRAZAS | 1.974,62 € | |
10.2 DE 26 A 50 PRAZAS | 4.344,39 € | |
10.3 MÁIS DE 50 PRAZAS | 6.714,15 € | |
11. LOCAIS COMERCIAIS E SIMILARES | ||
11.1 ATA 50 m2 | 139,87 € | |
11.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 216,19 € | |
11.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 445,15 € | |
11.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 765,69 € | |
11.5 MÁIS DE 500 m2 ATA 1000 m2 | 1.452,57 € | |
11.6 MÁIS DE 1000 m2 | 2.368,41 € | |
12. APARCAMENTOS | ||
12.1 ATA 1000 m2 | 339,97 € | |
12.2 MÁIS DE 1000 m2 | 514,08 € | |
13. OUTRAS ACTIVIDADES NON REFERIDAS EXPRESAMENTE | ||
13.1 ATA 50 m2 147,50 € | 147,50 € | |
13.2 MÁIS DE 50 m2 ATA 100 m2 | 233,36 € | |
13.3 MÁIS DE 100 m2 ATA 250 m2 | 490,94 € | |
13.4 MÁIS DE 250 m2 ATA 500 m2 | 920,24 € | |
13.5 MÁIS DE 500 m2 ATA 1000 m2 | 1.624,29 € | |
13.6 MÁIS DE 1000 m2 | 2.654,61 € |
Taxas segundo o regulamento anterior:
1.2 Establecementos
1.2.1. Despachos de profesionais e actividades comerciais de todo tipo: de 96,00 a 183,00 euros/ano.
1.2.2. Supermercados con tres ou máis traballadores/as, oficinas bancarias, restaurantes, florerías, talleres téxtiles, froiterías, centros de venda de produtos conxeladose outros establecementos que polo volume de lixo xerado utilicen contedores que en total non superen os 1.000 litros por recollida; de 183,50 a 967,00 euros/ano.
O importe máximo da cota poderase reducir nun 25 por 100 para aqueles establecementos que durante todo o ano dispoñan de contedores da súa propiedade e encárguense integramente da súa periódica limpeza, conservación, mantemento e substitución.
Os importes concretos para cada establecemento das cotas indicadas neste apartado fixaranse pola Comisión de Gobierno en función dos informes da empresa adxudicataria do servizo de recollida do lixo e o seu transporte, referido o volume de residuos de cada establecemento.
Os propietarios de pequenos talleres artesáns situados nos mesmos edificios nos que habiten, tributarán por un só concepto sempre que o volume de lixo producido non exceda do correspondente a unha vivenda, segundo informe da empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo e o seu transporte.
1.2.3. Todos os establecementos que polo volume de lixo xerado utilicen contedores que en total superen os 1.000 litros por recollida abonarán entre 968,00 euros/ano e 7.769,00 euros/ano.
Os importes concretos para cada establecemento fixaranse pola Comisión de Gobierno en función dos informes da empresa adxudicataria do servizo de recollida do lixo e o seu transporte, referido o volume de residuos de cada establecemento.
1.2.4. A cota para todas as vivendas ou establecementos (non incluídos nos dous apartados anteriores) situados a máis de 100 metros das zonas de recollida, será de 36,50 euros/ano.
1.2.5. O importe da taxa poderase prorratear e liquidar por anos naturais, por trimestres naturais, ou por unha combinación de ambas as posibilidades.
Consulta aquí outros documentos de interese.
Documentos relacionados
- Cadro de Tarifas Lixo.pdf
- Estudo Técnico Tasa do Lixo.pdf
- ALEGACIÓN LIXO-20241211-FMDO.pdf
- formulario ALEGACIÓN LIXO.pdf