APERTURA ESPECIAL DE NADAL EN REDONDELA O DOMINGO 23 DE DECEMBRO.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO UNHA XORNADA DE APERTURA COMERCIAL CUN PROGRAMA DE OCIO A ANIMACIÓN NA RÚA.
No marco da
Campaña de dinamización comercial de Nadal o comercio da localidade prepara un
día de apertura especial, todos os locais adheridos a campaña dispoñen de
cartelería facilitada pola Asociación de Empresarios de Redondela no que se
informa do horario de apertura.
A tarde do
domingo 23 contará cun programa especial de animación, un TREN NAVIDEÑO
percorrerá as rúas da vila e durante a xornada todos poderán subirse ao tren de
balde. Neste tren viaxan personaxes especiais que farán desfrutar aos nenos
dunha viaxe moi divertida. Ademais a clientela poderá aproveitar o percorrido
urbano para desprazarse dunha tenda a outra ou simplemente dar un paseo
diferente.
Esta alternativa
para a tarde do domingo 23, que combina compras e esparexemento sen abafos, sen
grandes aglomeracións, combínase ademais con distintas alternativas postas en
marcha polos propios establecementos comerciais e que enchen a Vila de
Redondela de múltiples sorpresas.