AXUDAS IGAPE: GALICIA EXPORTA DIXITAL
Subvención para facilitar a internacionalización dixital das empresas galegas non exportadoras ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que a incrementen a través da vía dixital.
FINALIDADE
Apoiar á empresa galega no desenvolvemento e implementación dun programa de internacionalización dixital.
BENEFICIARIOS E CONTÍA DA AXUDA
- Autónomos e pemes que acometan un Plan de Internacionalización dixital. 80% de intensidade.
o Unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionable entre 25.000 € e 125.000€.
o No caso do comercio retallista un gasto subvencionable entre 15.000 € e 100.000 €.
TIPO
Subvención a fondo perdido.
INVESTIMENTO A APOIAR
Consultaría para a elaboración de:
Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Plans de internacionalización dixital multicanal.
Plans de mercados electrónicos concretos.
Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Software de:
Solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Adquisición, programación e integración de conectores entre plataformas con sistemas de información (ERPs).
Solucións para o seguimento e optimización de canles de vendas e márketing online.
Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese.
Outros gastos de:
Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o marketing e vendas en mercados electrónicos.
Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais.
Servizos de call center internacionais.
RÉXIME
Concorrencia non competitiva.
PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de presentación comezará o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG e finalizará o 30 de novembro de 2020, agás esgotamento do crédito.
PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS
Desde a data de solicitude ata o 30 de novembro de 2021.
http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP402