14352299_1346664932028168_8635010455988905505_o.jpg

AXUDA DE IGAPE: PROGRAMA CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID-19

Estas liña de axuda están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade.



RESUMEN AXUDAS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).



CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID 19


FINALIDADE

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID19.

 

BENEFICIARIOS E CONTÍA DA AXUDA

Micropemes incluíndo autónomos de menos de 10 traballadores dos sectores comercio, perruquerías, turismo, hostalería e transporte.

 80% ata 9.600€.

 

 TIPO

Subvención a fondo perdido.

 

INVESTIMENTO A APOIAR

-        Activos dos seguintes tipos:

o   Equipos informáticos e outro equipamento electrónico.

o   Licencias de Software estándar de mercado.

o   Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.

 

-        Gastos de subscrición a software aboados por parte do solicitante durante o período do gasto subvencionable.

 

-        Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.

 

RÉXIME

Concorrencia non competitiva.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás esgotamento do crédito.

PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS

Serán subvencionables os gastos realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.





CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID 19

 

FINALIDADE

Apoiar á empresa galega no desenvolvemento e implementación dun programa de internacionalización dixital.

 

BENEFICIARIOS E CONTÍA DA AXUDA

 

-        Autónomos e pemes que acometan un Plan de Internacionalización dixital. 80% de intensidade.

o   Unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionable entre 25.000 € e 125.000€.

o   No caso do comercio retallista un gasto subvencionable entre 15.000 € e 100.000 €.

 

TIPO

Subvención a fondo perdido.

INVESTIMENTO A APOIAR

 

Consultaría para a elaboración de:

 Diagnóstico de potencial exportador dixital.

 Plans de internacionalización dixital multicanal.

 Plans de mercados electrónicos concretos.

 Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

Software de:

 Solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.

 Adquisición, programación e integración de conectores entre plataformas con sistemas de información (ERPs).

 Solucións para o seguimento e optimización de canles de vendas e márketing online.

 Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese.

 Outros gastos de:

 Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o marketing e vendas en mercados electrónicos.

 Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais.

 Servizos de call center internacionais.

 

RÉXIME

Concorrencia non competitiva.

 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación comezará o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG e finalizará o 30 de novembro de 2020, agás esgotamento do crédito.

 

PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS

Desde a data de solicitude ata o 30 de novembro de 2021.


Documentos relacionados