AXUDAS IGAPE: REACTIVA COMERCIO
Axudas para autónomos, micropemes e pemes nos gastos para a adqusición de medios de protección e transformación dos locais.
Orde de axudas IGAPE-IG279/IG280
Código de procedemento IG524C
Beneficiarios
potenciais
1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas
empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén
poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas
ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro
tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de
personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os
comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse
ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade
Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da
concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido. No momento da
xustificación, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa
Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra
algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007,
ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean
suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da
Comisión Europea.
4. Ademais deberán cumprir as seguintes condicións:
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia a lo menos nun centro de
traballo.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e
non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a
normativa aplicable.
- Que estean dados de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no
Anexo I.
- Que desenvolvan a actividade comercial nun ou varios establecementos, que
individualmente non superen unha superficie total de 300 metros cadrados, agás
que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653 do IAE.
Sectores
incentivables
As actividades que se relacionan no Anexo I.
Requisitos
principais do proxecto
1. Os proxectos subvencionables terán que incluír un
conxunto de actuacións de entre as descritas no artigo 1.2, aliñadas coas
recomendacións do Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta
ComercioSeguroGalicia.
2. O importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200
euros
3. En ningún caso o custo dos gastos e dos investimentos subvencionables poderá
ser superior ao valor de mercado.
4. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do
provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.
Investimentos
ou gastos computables
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles
proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial,
tales como:
- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos
fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de
seguridade interpersoal.
- Dispositivos de control de aforos e de sistemas de conteo de clientes ou
outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita
incrementar a protección dos empregados e clientes.
2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente
con elementos e superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.
3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e
clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do
establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles
hidroalcólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á
específica actividade no comercio. A cantidade destinada a este apartado non
poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables; consecuentemente,
ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación contempladas neste
epígrafe.
4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e
produtos.
5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar
desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este apartado non
poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables, para un período
máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto
poderá constar unicamente de actuación contempladas neste epígrafe.
6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación
e renovación do aire do establecemento comercial.
7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas
de prevención ante a COVID-19 implementadas no establecemento comercial.
8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos
comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na
resolución de concesión.
Tódolos equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións
anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a
fabricación de equipos de protección individual, material sanitario e outros
produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta
normativa está dispoñible en:
https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto
Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 15 de Marzo
de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de
concesión, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1.2.
Contía das
axudas
A contía da axuda será do 100% dos conceptos
subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros
Prazo de
presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda
comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de
Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de
esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou
subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.