14352299_1346664932028168_8635010455988905505_o.jpg

AXUDAS IGAPE: REACTIVA SERVIZOS E TURISMO SEGURO

O obxectivo é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros.

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG524D).



Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos) polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido. No momento da xustificación, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

Ademáis deberán cumprir as seguintes condicións:

- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 50 traballadores.
- Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I.

Sectores incentivables

Epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I:

Actividades subvencionables

(segundo a clasificación de actividades do imposto sobre actividades económicas-IAE)

 

– Sección 1: Actividades empresariais servizos.

Agrupación 61. Comercio por xunto.

Agrupación 62. Recuperación de produtos.

Agrupación 63. Intermediarios do comercio

Agrupación 64. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes.

Agrupación 65. Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizadoen establecementos permanentes. (Excepto epígrafe 652.1.- Farmacias: Comercio polo

miúdo de medicamentos, produtos sanitarios e de hixiene persoal).

Agrupación 66. Comercio mixto ou integrado; comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente (ambulancia, mercadillos e mercados ocasionais ou xornais);

comercio en réxime de expositores en depósito e mediante aparellos automáticos; comercio polo miúdo por correo e catálogo de produtos diversos.

Agrupación 69. Reparacións.

Grupo 721. Transporte de viaxeiros. (Excepto epígrafe 721.2.- Transporte por autotaxis).

Grupo 722. Transporte de mercadorías por estrada.

Grupo 731. Transporte marítimo internacional (Excepto epígrafe 731.2.- Transporte marítimo internacional de mercadorías.)

Grupo 733. Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores (Excepto epígrafe

733.2.- Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores de mercadorías.)

Grupo 751. Actividades anexas ao transporte terrestre.

Agrupación 76. Telecomunicacións

Agrupación 81. Institucións financeiras.

Agrupación 82. Seguros.

Agrupación 83. Auxiliares financeiros e de seguros. Actividades inmobiliarias.

Agrupación 84. Servizos prestados ás empresas.

Agrupación 85. Aluguer de bens mobles.

Agrupación 86. Aluguer de bens inmobles.

Agrupación 92. Servizos de saneamento, limpeza e similares.

Epígrafe 931.1.- Gardería e ensino de educación infantil, exclusivamente.

Grupo 933. Outras actividades de ensino.

Grupo 936. Investigación científica e técnica.

Grupo 943. Consultas e clínicas de estomatoloxía e odontoloxía.

Grupo 945. Consultas e clínicas veterinarias.

Grupo 952. Asistencia e servizos sociais para nenos, mozos, diminuídos físicos e anciáns, en centros non residenciais.

Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais.

Agrupación 97. Servizos persoais

Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos feirais.

– Seccion 1: Actividades empresariais turismo.

Agrupación 67. Servizo de alimentación.

Agrupación 68. Servizo de hospedaxe.

Grupo 755. Axencias de viaxe.

Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais, que estean escritos no Rexistro de Actividades Turisticas de Galicia (REAT).

Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo.

Organización de congresos. Parques ou recintos feirais, que estean escritos no Rexistro de

Actividades Turisticas de Galicia (REAT).

Epigrafe 942.2 Balnearios e baños.

– Seccion 2: Actividades profesionais. Todas as agrupacións excepto: Grupo 831. Médicos de Medicina Xeral. Grupo 832. Médicos especialistas (excluídos Estomatólogos e Odontólogos). Grupo 835. Farmacéuticos.


Requisitos principais do proxecto

1. Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos subvencionables terán que incluír un conxunto de actuacións de entre as descritas no artigo 1.2, aliñadas coas recomendacións do autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia.

2. Para as axudas previstas no artigo 7.1 - (IG280) o importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200 euros. Para as axudas previstas no artigo 7.2 (IG281), o importe dos proxectos subvencionables estará comprendido entre 1.500 e 3.750 euros.

3. En ningún caso o custo dos gastos e dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.


Investimentos ou gastos computables

Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 15 de Marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1.2.

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo, tales como:

- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de seguridade interpersoal.
- Dispositivos de control de aforos e de sistemas de conteo de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.

2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:

- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.

6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.

7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19, implementadas no establecemento.

8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

9. Capacitación específica das personas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.

10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Tódolos equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a fabricación de equipos de protección individual, material sanitario e outros produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta normativa está dispoñible en: https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.


Contía das axudas

IG280 - Para as pemes adicadas a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I; que empreguen menos de 10 traballadores, e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros. Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de axuda descrita no parágrafo seguinte, renunciando expresamente ás previstas neste parágrafo.

IG281 - Para o resto das empresas beneficiarias, previstas na presente orde, a contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 3.000 euros.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


Documentos relacionados