AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA
ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).
Axudas
para a conciliación da persoa traballadora autónoma
Acción subvencionables
e importe da subvención
1. Bono autónomo Concilia I.
a) Será subvencionable a contratación realizada por
unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade
ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento,
adopción ou acollemento, e pola duración desta. Tamén será subvencionable a
contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora
autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia, e pola
duración da dita baixa.
a.1) No caso de autónomas embarazadas ou persoas
autónomas en proceso de adopción, o contrato de substitución será
subvencionable ata dous meses antes do inicio do seu período de descanso, co
fin de posibilitar a transferencia do coñecemento necesario á persoa contratada
que posibilite o mantemento da actividade durante a correspondente baixa.
a.2) Igualmente, incentívanse os contratos
indefinidos realizados coa mesma persoa contratada por substitución, unha vez
rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.
b) Serán subvencionables as contratacións que
cumprindo cos requisitos enumerados nos parágrafos anteriores se inicien entre
o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024.
c) O importe da subvención para compensar a dita
contratación será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na
comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de
maternidade ou paternidade, salvo nos casos previstos na letra a.1) anterior.
Nos supostos de risco durante o embarazo o período
máximo que se terá en conta para a axuda será de oito meses de contratación,
sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 8.800 €.
No caso de transformación do contrato de
substitución en contrato indefinido unha vez rematado o período de descanso por
nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e
acadará os 9.000 € cando a persoa se
encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración no
momento do contrato de substitución.
c) Maiores de 52.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas en situación ou risco de exclusión
social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
d) As contías previstas no punto anterior
reduciranse proporcionalmente nos casos en que a xornada sexa a tempo parcial,
de, polo menos, o 50 %, ou nos períodos en que a substitución sexa inferior a
un mes.
2. Bono autónomo Concilia II.
a) Será subvencionable a contratación indefinida
realizada por unha persoa traballadora autónoma, para o coidado de menores e/ou
maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa
beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
b) Serán subvencionables as contratacións que,
cumprindo cos requisitos enumerados no paragrafo anterior, se inicien entre o
30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024.
c) O importe da subvención para compensar a dita
contratación será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre
nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
a) Muller.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Maiores de 52.
d) Persoas con discapacidade. e) Persoas en
situación ou risco de exclusión social.
f) Persoas emigrantes retornadas.
g) Persoas estranxeiras.
d) As contías previstas no punto anterior
reduciranse proporcionalmente nos casos en que a xornada sexa a tempo parcial
de, polo menos, o 50 %.
3. Bono autónomo Concilia III.
a) Será subvencionable o 75 % dos custos do centro
ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou
dependencia, ata un máximo de 3.000 €. Os custos deberán ser corresponder a
gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 30 de setembro de
2023 ata o 29 de setembro de 2024, e os centros e servizos estean situados na
Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de menores serán subvencionables os
servizos de coidado que xurdan en períodos de vacacións escolares, cando os centros
educativos están pechados polas ditas vacacións, segundo o calendario escolar
oficial.
3. Bono autónomo Concilia III.
a) Será subvencionable o 75 % dos custos do centro
ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou
dependencia, ata un máximo de 3.000 €. Os custos deberán ser corresponder a
gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 30 de setembro de
2023 ata o 29 de setembro de 2024, e os centros e servizos estean situados na
Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de menores serán subvencionables os
servizos de coidado que xurdan en períodos de vacacións escolares, cando os
centros educativos están pechados polas ditas vacacións, segundo o calendario
escolar oficial.
b) Non se consideran gastos subvencionables os
impostos indirectos, como é o caso de IVE.
c) Os servizos deben ser contratados con provedores
que se dediquen á actividade obxecto da subvención.
Persoas beneficiarias
Poderán
ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas
de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras
por conta propia, así como as persoas mutualistas; así mesmo, poden ser
beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e
comunidades de bens, a título individual, sempre e cando cumpran os seguintes
requisitos no momento da solicitude:
a) Ter o seu domicilio fiscal na comunidade autónoma de Galicia.
b) b) Desenvolveren a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
Para ter
dereito á axuda a persoa traballadora autónoma ten que cumprir os seguintes
requisitos:
a) Bono Autónomo Concilia I: Para ser beneficiaria desta axuda a persoa
solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou
situacións asimiladas. O contrato que se vai realizar será de substitución, ou
contrato indefinido, segundo o caso.
b) Bono Autónomo Concilia II: Para ser beneficiaria desta axuda o
solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao
de consanguinidade o afinidade coa persoa menor, maior e/ ou persoa con
discapacidade ou dependencia,. No caso de non existir a relación de parentesco
prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo
domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e
con grado de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres
últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores
acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa.
c) Bono Autónomo Concilia III: Para ser beneficiario desta axuda, a persoa
solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado
de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de
non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior, deberase
acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con
discapacidade e/ou dependente e con grao de discapacidade igual ou superior o 33
%, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
Para máis información podes
acceder no seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240124/AnuncioG0656-030124-0001_gl.pdf