cabecera-noticia-web-8m.png

CAMPAÑA 8M

circular informativa


Con motivo da celebración o vindeiro 8 de MARZO do Día Internacional da Muller a Asociación de Empresarios de Redondela  pon en marcha durante o mes de marzo unha serie de iniciativas para por en valor o papel da muller na empresa e na sociedade en xeral que culminará o vindeiro 30 de marzo cun encontro de mulleres empresarias e emprendedoras. 

A campaña pretende divulgar iniciativas empresariais lideradas, promovidas ou nas que participen de forma activa  mulleres  e fomentar o networking entre empresas de calquera procedencia que redunde no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais.


As accións previstas comprenden:


· CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN DIXITAL DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS E COMERCIAIS LIDERADAS POR MULLERES. Para realizar esta acción solicitamos a colaboración de todas as mulleres asociadas. Dita colaboración consiste simplemente en cubrir unha pequena entrevista e enviarnos unha foto que divulgaremos na landing da campaña e a través das redes sociais.


   CUBRIR ENTREVISTA DOCUMENTO ADXUNTO E ASINAR DEREITOS PARA REPRODUCIR (ver de de páxina).



·   EXPOSICIÓN O MAR TAMÉN TEN MULLERES. O venres día 3 de marzo está prevista a presentación desta exposición na Praza de Abastos de Redondela. Adicionalmente, dado que se trata dunha exposición en forma de biombo de pequeno formato vos propomos acoller nos vosos establecementos de forma itinerante esta exposición. O establecemento que acolla a exposición deberá realizar unha publicación nas redes sociais na que figure unha foto/vídeo coa exposición incluído as etiquetas e hashtags que se indiquen.


 RESERVA Á EXPOSICIÓN CHAMÁNDONOS OU ENVIÁNDONOS UNHA MENSAXE POR CORREO OU WHATSAPP.


· ENCONTRO DE MULLERES EMPRESARIAS E EMPREDEDORAS

O encontro será a última das actividades previstas neste mes dedicado á muller empresaria e emprendedora,  terá lugar o 30 de marzo (esta data podería sufrir algunha variación en función da dispoñibilidade de espazo). O encontro terá dúas partes: a primeira de 9:00-10:00h na que se desenvolverá un relatorio e coloquio  temático ("Impulsa o teu negocio en 50 minutos") e unha segunda parte de 10:00-12:00h na que se desenvolverá un networking. A asistencia poderá realizarse a todo ou a calquera das partes do encontro.

O encontro albergará un espazo networking onde se combinarán mesas temáticas e un espazo de exposición no que se poderán mostrar e presentar as iniciativas empresariais. Para participar será necesario inscribirse antes do 10 de marzo.


 REALIZAR SOLICITUDE PARA PARTICIPAR COMO EXPOSITOR.




 



Documentos relacionados