ENCONTRO PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO
A Asociación de Empresarios de Redondela, no marco do Programa Integrado de Emprego, celebra un Encontro para o Emprego e o Emprendemento.
O acto celebrado o 21 de abril de 2022 no Pazo de Santa Teresa, en Redondela contou coa presenza da Directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago.
Beatriz Domínguez, xerente de Gesdom participou na xornada explicando a súa experiencia de emprendemento. Actualmente, Beatriz é a responsable do único PAE privado de Redondela. Esta rede de Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) regulados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da actividade e o seu desenvolvemento, a través da presentación de servizos de información, tramitación de documentos, asesoramento , formación e apoio ao financiamento empresarial.
No encontro déronse cita máis de 40 usuarios do programa 2021/22 e tamén algúns dos usuarios da pasada edición que tiveron a ocasión de contar a experiencia de participación do programa.
Programa do Encontro: