II PLAN DE RESCATE A PERSOAS AUTÓNOMAS
ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
PROGRAMA I: PERSOAS AUTÓNOMAS
Persoas beneficiarias:
Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídas as persoas autónomas societarias que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.
As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no Réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.
As persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.
Importe das axudas:
a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.
A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.
PROGRAMA II: MICROEMPRESAS
Persoas beneficiarias:
Todas as persoas traballadas autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.
Importe das axudas:
a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2019 cos do ano 2020.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 19 de febreiro e o 18 de marzo de 2021.