
MAIO CHEGA CHEO DE FLORES A REDONDELA
A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha, con motivo do día da nai, unha campaña de dinamización do comercio da localidade na que as flores serán as protagonistas da decoración temática.
Coa
chegada da primavera Redondela énchese de flores que son as protagonistas de
moitas tradicións locais, os Maios e a arte floral dos e das alfombristas de
Redondela son o máximo expoñente de todas estas tradicións. Neste ano o día da
Nai encherá de cor os establecementos cunha decoración temática
baseada en flores. Singularmente a Asociación pretende crear unha
experiencia de compra diferente e empregará unha estratexia de marketing
olfativo que tamén encherá Redondela dun singular arrecendo floral.
Trátase
dunha novidosa aposta por unha experiencia sensorial única, onde os visitantes
e clientela serán envoltos nun ambiente de flores e arrecendos naturais e
florais que reforzarán a súa experiencia de compra. A través do marketing olfativo, buscamos crear unha conexión emocional entre os clientes e o comercio
local, transformando cada paseo e cada compra nun momento inesquecible.
Para a posta en marcha desta
acción de marketing contamos coa colaboración da empresa expecializada en
marketing olfativo ENAROMA. Esta mañá o seu responsable Javier Barral explicou
aos propietarios dos comercios locais como implementar esta ferramenta de
marketing nos seus establecementos e fará visitas personalizas para adaptar a
cada establecemento os parámetros máis axeitados. Grazas a esta iniciativa, os
establecementos poderán contrastar de primeira man esta ferramenta de marketing
usada por marcas de referencia a nivel global. O marketing olfativo ten demostrado ser unha
estratexia efectiva para fortalecer a identidade comercial, mellorar a
experiencia do consumidor e potenciar a conexión emocional co produto ou
servizo.
Ao integrar aromas específicos
no ambiente de compra, os comercios da localidade terán a oportunidade de
comprobar directamente como este elemento inflúe na percepción dos clientes,
favorecendo unha atmosfera máis acolledora e distintiva. Esta experiencia
permitirá avaliar os beneficios desta técnica e explorar novas formas de
fidelización que van máis aló do tradicional, transformando a visita aos
establecementos nun momento sensorial memorable.
E por suposto o que non podería
faltar nunha campaña deste tipo son os premios e agasallos e así contempla unha
campaña de ACUMULACIÓN DE PUNTOS POR COMPRAS que estará activa dende hoxe 25 de
abril ata o 25 de maio. Esta campaña busca premiar a fidelidade dos consumidores e incentivar as compras no comercio local, reforzando a conexión entre
os establecementos e a comunidade. Os puntos acumulados poderán ser canxeados
por agasallos do catálogo especialmente deseñado con motivo do Día da Nai. Para
participar a clientela ten que rexistrar os tickets de compra na plataforma de
sorteos da Asociación de Empresas de Redondela https://www.participa.empresasredondela.gal/
Os establecementos dispoñen dun
cartel de mostrador no que no momento de realizar a compra teñen un código QR
para acceder directamente a plataforma de rexistro de compras, que irá sumando
automáticamente os puntos e a clientela poderá consultar na súa conta os puntos
que vaia acumulando durante todo o período. Unha vez finalizado o período de
acumulación de puntos a clientela poderá solicitar o canxe dos puntos por
premios do catálogo.
Pero as iniciativas da campaña
non rematan ahí, o marketplace do comercio local éncherse de ideas e promocións
para regalar este día na nai. Para estar ao tanto de todas estas promocións tan
so hai que acceder ao marketplace conxunto do comercio local ou seguir as redes
sociais da asociación. Ademáis todos os produtos dispoñibles para a compra
online estarán directamente enlazados coas pasarelas de pago de cada comercio
facilitando á clientela tamén a compra online no comercio local nunha
experiencia de compra áxil, segura e cómoda, garantindo que poidan seguir
mercando no comercio de proximidade sen complicacións.