ENCONTRO 2-foto familia.jpg

MÁIS DE 100 MULLERES PARTICIPARON NO ENCONTRO MULLERES EMPRESARIAS E EMPRENDEDORAS 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Catro, e a Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca destacaron o valor o traballo realizado polas mulleres e a importancia das redes de apio.

MAIS DUN CENTENAR DE MULLERES DANSE CITA EN REDONDELA NO ENCONTRO DE MULLERES EMPRESARIAS E EMPRENDEDORAS.


 ACTO PECHOUSE CUN HOMAXE A SONIA LAGO, PROPIETARIA E XESTORA DA EMPRESA XEALCO, UNHA MULLER EMPRESARIA QUE PILOTA UN PROXECTO EMPRESARIAL NUN SECTOR MASCULINIZADO COMO É O DA CONSTRUCCIÓN.

 

A DIRECTORA DA AXENCIA DE TURISMO, NAVA CASTRO E A SECRETARIA XERAL DE APOIO AO EMPREGO, TRABALLO AUTÓNOMO E ECONOMÍA SOCIAL, COVADONGA TOCA, PARTICIPARON NO ACTO CUN COLOQUIO COAS PARTICIPANTES.

As dinámicas de networking, que foron o eixo principal do encontro, deron cabida a presentación de múltiples proxectos empresariais e a  participación de expertas en torno as distintas áreas sobre as que se desenvolveron as mesas temáticas.

 

As redes de apio, a colaboración empresarial sectorial e intersectorial, turismo, financiamento, comercio, turismo, subvencións, dixitalización, comercio electrónico, formación foron algúns dos tema s sobre os que xiraron as 6 mesas temáticas.

 

Toda unha batería de temas sobre os que traballar polo miúdo e unha ampla rede de contactos xerados durante a maña deixan un balance proveitoso para o desenvolvemento dos proxectos empresariais e un montón de oportunidades de emprendemento para seguir sumando valor e fortalecer o tecido produtivo local.