MENSAXES DE AGRADECEMENTO DO COMERCIO LOCAL EN TEMPOS DE PANDEMIA
Os escaparates dos establecementos de Redondela énchense de mensaxes de agradecemento.
En tempos de pandemía xorden
boas iniciativas que nos gusta destacar. Unha cadea de agradecementos aos
clientes percorren os escaparates dos establecementos de Redondela.
Luisa é a xerente dun
establecemento de moda localizado nunha das rúas mais céntricas de Redondela,
W52, na rúa José Regojo. Os seu grandes escaparates apareceron un día decorados
cunha fermosa frase de agradecemento á clientela “Gracia a ti, por confiar en el comercio local en estes momentos tan
complicados. Mil Gracias Redondela”. As habilidades de Luisa empregando a
técnica de lettering conquistaron as miradas de clientes e de outros comercios e Luisa comezou a
replicar a mensaxe nun e noutro escaparate ata que case perdeu a conta, xa que
son máis de 50 os establecementos que contan xa con esta singular mensaxe e a
cadea de agradecementos non para.
E é que Luisa, ao igual que os
resto de compañeiros, comerciantes, hostaleiros e profesionais que dan vida as
nosas vilas queren dar as grazas aos clientes que están a confiar no comercio
local.
Desde a Asociación de
Empresarios de Redondela non temos máis de apoiar e difundir iniciativas como
estas de contribúen a un comercio local mais forte e unido. A recuperación da confianza no pequeno
comercio é vital nun momento como o actual e desde as asociacionismo comercial
e empresarial seguiremos traballando por poñer en valor a vocación de servizo
que no pequeno comercio sempre estivo aí.
Grazas a ti Luisa!.