foto-EL+JMM.jpg

O DIRECTOR XERAL DE TURISMO DE GALICIA, JOSÉ MANUEL MERELLES, RECOLLE A PROPOSTA DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA PRESENTADA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA

O proxecto presentado ten un enfoque comarcal que permita á zona configurarse cunha identidade propia dentro do xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño no que xa se integran territorios acoutados como o Baixo Miño, o Val Miñor ou a comarca da Louriña.


O novo Director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, que xa visitara recentemente Redondela nunha xornada do sector turístico organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela, recibiu aos representantes da entidade na sede da Axencia de Turismo de Galicia en Santiago para abordar con máis detalle as propostas da entidade.

 

A Asociación de Empresarios de Redondela ven impulsando un grupo de traballo composto por representantes das empresas asociadas do sector turístico que está a servir como motor de iniciativas  para a planificación e promoción da actividade Turística.

 

Os datos da evolución do sector chaman a por en marcha canto antes un plan de actuación baseado nunha estratexia conxunta e coordinada de todos os axentes públicos e privados con competencias e interese no sector. O momento é clave dado o rumbo apuntado polo datos estatísticos.

 

O director de Turismo de Galicia aposta pola coordinación tamén coa Deputación de Pontevedra para por en marcha as iniciativas para a valorización dos recursos turísticos do territorio.