Reunión Ata Galicia.jpg

O PRESIDENTE DE ATA GALICIA, RAFAEL GRANADOS, REÚNESE EN REDONDELA CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS PARA TRABALLAR CONXUNTAMENTE POLOS AUTÓNOMOS.

Os empresarios de Redondela consideran que moitos dos actuais problemas dos autónomos derivados da actual crise sanitarias requiren respostas globais que sobre pasan o ámbito local.

A Asociación de Empresarios de Redondela e Ata Galicia traballan unidas na configuración dun novo marco de colaboración que permita canalizar as reivindicacións e necesidades dos autónomos da localidade no actual contexto de crise provocada pola COVID-19.

 

No marco da reunión puxéronse en común a situación dos distintos sectores na localidade e as necesidades, abordáronse cuestións como:

-          Necesidade de baixar as cotizacións sociais e as cotas dos autónomos

-          Prorrogar a duración dos ERTE e as axudas por cese de actividade

-          Demandar un plan de Hibernación para o sector turístico e hostaleiro

-          Reducir o IVE da hostalaría, salóns de peiteado, florerías, e outros sectores especialmente afectados pola crise

-          Plan de axudas para alugueres

-          Moratorias de pagos de subministracións de locais

-          Axudas directas a sectores como o do taxi, transporte ou ocio nocturno, así como axudas a adaptación ou reconversión de negocios

-          Moratoria e aprazamentos de impostos

-          A necesidade de modificar o actual sistema de recargas do 10 e ó 20%  nos pagos das cotizacións sociais e traballar nunha proposta máis  axustada ao contexto actual de caída dos ingresos e proporcionada que teña en conta o actual contexto e dificultades que autónomos e empresas están a ter para asumir os pagos a Seguridade Social.

 

O ámbito de colaboración entre ambas entidades estenderase tamén a convenios e acordos dos que os autónomos de Redondela poderán beneficiarse.