PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
11/06/2021 Redondela atópase no nivel MEDIO BAIXO e estas son as principais medidas:
Hoxe xa e posible optar pola ampliación de horario ata a 01:00h
- Terraza ao 75%
- Servizo interior 50%
- Non se poderá prestar servizo na barra
- 6 persoas no interior por mesa ou agrupación de mesas
- 15 persoas na terrraza por mesa ou agrupación de mesas
- Horario xeral de peche ata as 23:00h e os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1:00 deberán cumplir as medidas establecidas no PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA.
- Non poderán admitirse novos clientes a partir das 00:00h.
PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
1. Os establecementos deberán expoñer, nun lugar visible tanto para clientes como para autoridades sanitarias, os aforos máximo interior e exterior, a porcentaxe máxima de uso establecido en cada momento e o aforo máximo interior e exterior resultado da aplicación da porcentaxe.
2. Para facilitar o coñecemento de cumplimento das reglas de aforo as persoas usuarias e traballadoras, as mesas e sillas montadas deberán corresponder cos aforos permitidos en condicións normais, e se procede a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e sillas que sexa necesario para que só poidanse utilizar as correspondentes ás porcentaxes de uso.
3. A persoa titular do establecemento obterá un código QR na seguinte ligazón.
4. A implantación do Plan de hostalaría segura establece un plan de control e inspección. Os Concellos efectuarán visitas de inspección co obxeto de control e comprobación do cumprimento das seguintes medidas:
- Que expuseron no exterior do local o aforo máximo permitido de acordo aos modelos de cartelería posto a disposición polas autoridades sanitarias.
- Que se cumpre a porcentaxe máxima de aforo establecida en cada momento durante a situaciñon da pandemia.
- Que a apertura e o peche do establecemento están dentroo do horario establecido.
- Que os clientes e os empregados do local cumpren as medidas de seguridade interpersoal en canto as distancias e ao uso de máscara.
MODELOS DE CARTEIS: