PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS
ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341Q).
Programa do bono das persoas
autónomas
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas de alta no réxime
especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da
solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes
requisitos:
·
Ter
unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da
solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou
profesional.
·
Que
teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas
declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2022, inferior a 50.000
euros.
·
Que
teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na
declaración referida ao ano 2022.
As sociedades de calquera clase, incluídas as
unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da
solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
·
Que na
data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade
superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade
empresarial ou profesional, e que a dita sociedade non fora beneficiaria nin
percibira esta axuda nalgunha das cinco últimas cinco convocatorias (2019-2023
ambas incluídas)
·
Que a
empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na
declaración referida ao ano 2022.
·
Que a
empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración
realizada referida ao ano 2022 inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do
sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de
rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos
netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante),
declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).
Actuacións subvencionables
Poderase
conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das
persoas beneficiarias desta orde, unha subvención do 60 % da actividade que se
vai subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros de axuda polo conxunto de
actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa
beneficiaria.
Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:
- Compra maquinaria
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
- Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
- Compra en enxoval e ferramentas
- Reforma do local u espazo do negocio
- Equipamento de oficina e/ou negocio
- Rótulos
- Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais
- Deseño de marca
Solicitudes
e prazo de presentación
O prazo de
presentación de solicitudes iníciase o 29 de xaneiro de 2024 e remata o 30 de
setembro de 2024.
Para máis información podes acceder no seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0006_gl.pdf