14352299_1346664932028168_8635010455988905505_o.jpg

PROGRAMA IGAPE: CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID-19

PRAZO DE SOLICITUDE: 10/07/2021

FIN PRAZO SOLICITUDE: 30/09/2021

PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19 (IG300E)


FINALIDADE

Axudas a proxectos de que promoban a implementación de tecnoloxías dixitais para a adaptación da situación creada pola COVID19.

 

BENEFICIARIOS 

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.


a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade en algún dos seguintes sectores:

i. Hostalería e turismo 
- CNAES 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros), 7721 (aluguer de artigos de ocio e deportes), 79 (Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (Actividades deportivas, recreativas e de entretemento).

ii. Comercio polo miúdo - CNAE 45 (Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).

iii. Transporte- Rama-H- da CNAE (transporte e almacenamento).

iv. Perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel), 9602 (perruquería e outros tratamentos de beleza), 9603 (Pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.o.p.).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (Educación secundaria técnica y profesional) e 855 (Outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Deben cumprir a definición de Peme . Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clusters, colexios profesionais ou cámaras.

2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea. 


CONTÍA DA AXUDA

 80% ata 9.600€.

 

TIPO

Subvención a fondo perdido  para proxectos entre 1.500 e 12.000€.

 

INVESTIMENTO A APOIAR

-        Activos dos seguintes tipos:

o   Equipos informáticos e outro equipamento electrónico.

o   Licencias de Software estándar de mercado.

o   Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.

 

-        Gastos de subscrición a software aboados por parte do solicitante durante o período do gasto subvencionable.

 

-        Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.

 

RÉXIME

Concorrencia non competitiva.

PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS

Serán subvencionables os gastos realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.



Enlaces relacionados