PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO

ORDE do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023




Programa Impacto Autónomo: Subvencións para autónomos e microempresas para paliar a suba dos custos de materias primas e combustibles.

 

Axudas económicas destinadas a persoas autónomas e microempresas, e dirixidas a minimizar a suba dos custos das materias primas e das subministracións, que afectan e condicionan a súa actividade económica.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

1.     Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.

 

2.     Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.

 

3.     Tamén poden ser beneficiarias as microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.

 

Considerarase microempresa para os efectos desta orde a que vén recollida no anexo Ido Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, en que se define a microempresa como aquela empresa que ocupa menos de dez persoas traballadoras e cun balance xeral anual inferior a dous millóns de euros.

 

4.     As persoas ou entidades sinaladas nos números 1, 2 e 3 anteriores que desenvolvan a actividade en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta orde de axudas.

5.     Quedan excluídas desta orde as persoas autónomas colaboradoras e familiares que,de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

 

6.     Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

 

7.     As persoas autónomas que, pola súa vez, sexan autónomas societarias só poderán presentar unha solicitude.

 

8.     Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde.

 

CONTÍA DAS AXUDAS

 

·        Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe das axudas será de 800 euros.

 

·        Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rentas e outro réximes:

o   Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 euros (sempre cun mínimode rendementos netos de 10.000 euros), o importe da axuda será de 1.500euros.

o   Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 euros (investimento máximo subvencionable e tendo en conta cos rendementos mínimos subvencionables deben ascender a 10.000 euros) o importe da axuda será de 1.200 euros

·        Para microempresas, sociedades incluídas ás de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:

o   Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 euros e un máximo de 250.000 euros, o importe da axuda será de 1.500 euros

o   Cunha facturación superior a 250.000 euros no ano 2021, e ata un máximo de 750.000 euros, o importe da axuda será de 1.200 euros

 

Os importes destas axudas reduciranse ao 50% no caso de persoas autónomas,microempresas, sociedades, comunidades de bens ou sociedades civís, que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non leven 12 meses completos de actividade.