BANNER-adaptable-c-logos.jpg

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.

Proxecto dirixido a mellora da ocupabilidade e insercción laboral 2020/2021.





O luns, 8 de novembro de 2021, finalizou ao Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela 2021.


A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE  REDONDELA DESTACA O ALTO GRADO DE CALIDADE DO EMPREGO ACADADO POLAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ENTIDADE: O 80% DOS CONTRATOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA 2020/21 CUMPRE OS CRITERÍOS DE CALIDADE DO EMPREGO ESIXIDOS POLA XUNTA DE GALICIA. 

O PORCENTAXE DE INSERCIÓN DOS PARTICIPANTES QUE FINALIZARON O PROGRAMA É DO 64% SUPERANDO EN CASE 20 PUNTOS PORCENTUAIS OS OBXECTIVOS INICIAIS.

 

Entre os colectivos participantes no programa compre destacar os resultados de inserción acadados polas mulleres, un 72,5% dos contratos reúne os criterios de inserción e o 85% foi contratada ao longo do programa.

 

Outro dos colectivos que destaca en canto a resultados de inserción son os menores de 30 cualificados que acadaron un nivel de inserción do 60% e que demostra o interese das empresas locais por captar talento.

 

O compromiso coa formación e o desenvolvemento da autonomía foi clave en todo o programa, ao que contribuíu de forma destacada o programa de mentorización desenvolvido nas primeiras fases, e acadando resultados especialmente destacables no colectivo de menores de 30 sen cualificación sendo 8 os usuarios que retomaron os estudos para a obtención da ESO, nivel imprescindible para poder acceder ao mercado de traballo.  

O emprendemento tamén tivo o seu oco no programa, destacando varias iniciativas de emprendemento e forxando as bases para outras dúas.

 

A adquisición de experiencia a través de prácticas non laborais que contou coa colaboración tanto de importantes coas empresas da comarca e con pequenos empresarios locais foi un instrumento que permitiu optimizar o proceso de sincronización entre oferta e demanda de traballo e atender mellor as dificultades que o sector empresarias se está atopando para cubrir postos de traballo.

 

PARTENON foi unha das empresas destacadas nesta colaboración, non so contratando a persoal do programa senon tamén acollendo sesión prácticas que permitiron aso usuarios adquirir a visión práctica dos procesos da empresas. Así os alumnos do itinerario de loxística e produción puideron comprender a importancia e funcionamento da xestión loxística dentro do proceso produtivo e os alumnos do  curso de CRM e ERP puideron ver as funcionalidades da implementación da aplicación SAP na empresa e a optimización de recursos e capacidade para axustarse ás necesidades do cliente optimizando a xestión da información. Todo unha lección práctica que agradecemos a todo o equipo de Partenon e moi especialmente ao seu Responsable de Recursos Humanos JORGE SIEIRO FROIZ.

 

 

A Asociación de Empresarios de Redondela quere agradecer a todas a empresas colaboradoras co programa de emprego a súa implicación e compromiso e destacar o importante esforzo inversor que supón tanto para  administración autonómica da Xunta de Galicia e moi especialmente para as entidades  a posta en marcha programas de emprego que debería contar con continuidade para seguir favorecendo o desenvolvemento de capacidades para o emprego do factor produtivo con maior capacidade para xerar valor, as persoas, especialmente nun momento que o actual abocado transformación e no que a transformación dixital da man de obra é un reto que estes programas xa están a asumir.

 

Empresas colaboradoras:

https://www.empresasredondela.gal/noticias/programa-integrado-de-emprego-practicas-profesionais-non-laborais

 



O Programa Integrado de Emprego de Asociación de Empresarios de Redondela é un proxecto dirixido a un colectivo de 100 persoas desempregadas para a mellora da ocupabilidade e insercción laboral.

O noso obxectivo é que as persoas usuarias atopen emprego e para alcanzar este obxectivo pomos ao alcance das persoas beneficiarias unha serie de servizos que se definen no programa de acompañamento ás persoas usuarias.




Servicios  do programa para persoas ususarias:










Servicios  do programa para empresas:






 EN QUE CONSISTE O NOSO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO.


Que accións se realizan?

       Ø Información, orientación e asesoramento.

Ø Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.

Ø Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

Ø Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

Ø Fomento da capacidade emprendedora.

Ø Prospección empresarial.

Ø Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

Ø Formación para o Emprego

Ø Prácticas profesionais non laborais en empresas.

Ø Obradoiros sobre mobilidade laboral.

 


Quen pode participar?

Todas las personas participantes no programa deberán ser personas en situación de desempleo inscritas en Emprego Galicia.

En concreto os perfís do programa son:

ØPersoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación

ØPersoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas

ØPersoas desempregadas maiores de 45 anos

ØMulleres desempregadas





 PROCESO DE SELECCIÓN


ANÓTATE




Mais información sobre os PROGRAMAS INTEGRAIS DE EMPREGO




FASES E ITINERARIOS DO PROXECTO


Documentos relacionados