PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS
Programa
Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas
A súa finalidade é facilitar a volta á actividade
económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero
ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou
diferente sector.
Persoas beneficiarias
Serán
beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que teñan sido autónomas con
anterioridade, que queren volver emprender, e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter
causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera
outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade
de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de
2024, e atoparse de alta no momento da solicitude.
b) Ter a
última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 3 anos desde a
data da publicación desta orde.
c) Ter
cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses
ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores
autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da
Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
d) Estar
inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con
carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato
laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á
de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA no momento da
tramitación e durante un tempo mínimo de 24 meses desde a nova alta.
e)
Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade
Social e a anterior baixa.
f) Ter o
domicilio fiscal en algún concello de Galicia, con anterioridade á nova alta, e
desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
g) Ter
iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de
subvención.
h) Ter dado
a baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.
Axudas
A axuda do bono alta Nova oportunidade será dunha
contía de 7.500 € dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no
artigo 4, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria
sexa unha muller.
Solicitudes e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será desde o
día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro
de 2024.
Para máis información podes
acceder no seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0008_gl.pdf