banner-xm-1.png

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2023

Programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos de Galicia para a mocidade entre 18 e 30 anos .

Asociación de Empresarios de Redondela participa no Programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia, en  colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e co cofinanciamento, nun 80%, do Fondo Social Europeo.

Ver Resolución do 7 de agosto de 2023 de concesión.


A finalidade deste programa orientado á personas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantia xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional a través da realización de prácticas non laborais en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo xeral de acadar a súa incorporación ao mercado de traballo.

En Redondela localízanse importantes empresas do sector aeronáutico, automoción, textil/moda ou enerxías renovables hacia as que estarán orientados os programas de prácticas.



   Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

   Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

   Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

   Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.






A través do Programa Xunventude Mentoring na Empresa as persoas mozas participantes poderán beneficiarse de:


ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: aeronáutica, textil/moda, automoción, enerxías renovables, etc.


O período das estadías formativas en empresas será de 3 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais.
As bolsas de formación serán de 630€ ao mes, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía formativa non sexa no concello de redidencia da persoas participante .
As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.


Ver empresas.




















PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.

40 horas de formación que combinarán os formatos presencial e online.







Os destinatarios finais son as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos:


Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 15










Prazo de presesentación de solicitudes: 28 de agosto ao 1 de setembro de 2023.


Descargar formulario de inscrición




Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, dentro do eixe 1B, Fomento do emprego sustentable e de calidade e da mobilidade laboral; obxectivo temático 8, Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; prioridade de investimento 8.2, Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas, sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como os mozos, que corren o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía xuvenil; obxectivo específico 8.2.2, Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Documentos relacionados