BANNER-60-WEB-XUVENTUDE-MENTORING-24.png

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2024

O Programa Xuventude Mentoring na Empresa consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos de Galicia para a mocidade entre 18 e 30 anos.


A finalidade deste programa, orientado á personas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantia xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional a través da realización de prácticas non laborais en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo xeral de acadar a súa incorporación ao mercado de traballo.





 

Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

 




Os destinatarios finais son as persoas mozas que deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección.





ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: aeronáutica, textil/moda, automoción, enerxías renovables, calidade de vida e benestar, etc.


O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de marzo de 2025).

As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.

As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.

 

Ver empresas.


PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.




40 horas de formación que combinarán os formatos presencial e online.



Ver programa.




En Redondela localízanse importantes empresas dos dos principais sectores estatéxicos de Galicia hacia as que estarán orientados os programas de estadías formativas en empresas.


Aeronáutica

Agroalimentación

Automoción

Enerxías renovables

Madeira/forestal

Metalmecánico

Naval

Pedra Natural

Textil/moda

Tecnoloxías da información e da comuncación

Calidade de vida e benestar

 Ver empresas.


Se a túa empresa pertence a calquera de este sectores e estás interesado en participar no programa contáctanos.





Ver edicións anteriores.



Documentos relacionados