PROGRAMAS DE AXUDA: PROGRAMA I, MICROENPRESAS E PROGRAMA II, HOSTALARÍA
ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.
PROGRAMA I: MICROEMPRESAS
Persoas beneficiarias
Axudas as microempresas, persoas
traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente
paralizados.
Orzamento
37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas
e propios.
Reserva de 2 millóns de euros para pemes
pertencentes a a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizadada.
Requisitos
·
As persoas traballadoras autónomas con
persoal contratado por conta allea ao seu cargo.
·
As microempresas, calquera que sexa a súa
forma xurídica.
·
As pemes sempre desenvolven a súa actividade
económica nos sectores especialmente paralizados.
Deberán cumprir todos e cada un destes
requisitos:
– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.
– Que teñan ou tivesen autorizado un
expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a
declaración do estado de alarma.
– Que a facturación baixase polo menos o 45 %
no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019
e os tres primeiros trimestres do ano 2020.
Características da axuda
Importe anual do crédito | Total convocatoria | |
2020 | 2021 | |
17.500.000 € | 17.500.000 € | 35.000.000 € |
1.000.000 € | 1.000.000 € | 2.000.000 € |
A axuda será de 4.000 €, que se aboará en
dous pagamentos de 2.000 € na anualidade 2020 e de 2.000 € na anualidade 2021.
A axuda será de 5.000 € para as persoas ou
entidades beneficiarias definidas no artigo 18 que pertenzan aos sectores
especialmente paralizados. Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500 €
cada un deles, o primeiro pagamento realizarase xunto coa concesión da axuda na
anualidade 2020 e o segundo farase na anualidade 2021.
Entenderase como actividade
especialmente paralizada:
·
a) En todo caso o lecer nocturno.
·
b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no
ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nos que non
existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAES:
4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5630 e
9200
·
c)- Os negocios encadrados nos seguintes CNAES:
·
CNAE 4932: Transporte por taxi
·
CNAE 5010: Transporte marítimo de pasaxeiros.
·
CNAE 5030: Transporte de pasaxeiros por vías navegables
interiores.
·
CNAE 5621: Provisión de comidas preparadas para eventos
·
CNAE 5914: Actividades de exhibición cinematográfica.
·
CNAE 7911: Actividades de las axencias de viaxes.
·
CNAE 7912: Actividades de los operadores turísticos.
·
CNAE 7990: Outros servizos de reservas y actividades
relacionadas cos mesmos.
·
CNAE 8230: Organización de convencións y feiras de
mostras.
·
CNAE 9001: Artes escénicas.
·
CNAE 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas.
·
CNAE 9004: Xestión de salas de espectáculos.
·
CNAE 9321: Actividades dos parques de atraccións e os
parques temáticos.
·
CNAE 9329: Outras actividades recreativas e de
entretemento.
PROGRAMA II: HOSTALARÍA
Persoas beneficiarias |
As persoas traballadoras autónomas persoa
física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as
microempresas, as pemes do sector de hostalaría; os hoteis, hostais, casas
rurais e outros tipos de aloxamentos.
Orzamento |
17.000.000 €
Requisitos |
·
Ter domicilio fiscal en Galicia.
·
Estar afectado polos supostos de peche
do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os
hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ditados pola
autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:
-
Orde da Consellería de Sanidade do 7 de
outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como
consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas
comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e
Verín, na provincia de Ourense (DOG núm. 203-bis, do 7 de outubro).
- Orde
da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen
medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación
epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm.
223-bis, do 4 de novembro).
- Orde
da Consellería de Sanidade do 8 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde
do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específi cas
como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19
na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro).
- Orde
da Consellería de Sanidade do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica a
Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención
específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada
do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de
novembro).
- Ou
en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria da
Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de
solicitudes.
- Ter
pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas.
Características da axuda |
A axuda por establecemento será de 1.500 €
por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas
semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas
semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas
recibirán 750 €.
No caso dos establecementos que ocupen 10
persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 €
por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas,
aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os
que teñen paralizada a actividade dúas
semanas recibirán 1.000 €.
As axudas serán por establecemento
paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun
establecemento con dereito a axuda.
Para o cálculo das semanas pechadas terase en
conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da
solicitude de axuda.