BANNER-OCIO-NOCTURNO.jpg

PROTOCOLO PARA A REACTIVACIÓN DO LECER NOCTURNO

ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.


PROTOCOLO PARA A REACTIVACIÓN DO LECER NOCTURNO

1. Nivel epidemiolóxico:

Poderanse realizar este tipo de eventos unicamente nos concellos con nivel de restrición mediobaixo (nivel D) ou inferior.


.Control de acceso. Cada establecemento será responsable das capacidades máximas que declare, así como de controlar, en todo momento, que as porcentaxes máximas de uso sexan respectadas, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade máxima permitida en cada momento, de forma que esta non sexa superada. Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade. Esta información poderá ser auditada polos distintos mecanismos de control e auditoría establecidos, para os efectos de seguir o seu correcto cumprimento. Para tal efecto, a persoa responsable do establecemento deberá dispor, en soporte físico, da documentación acreditativa das superficies utilizadas para os cálculos das capacidades