QUE VISITAR?
Percorre os lugares de Redondela con outra mirada. Reserva as visitas guiadas aos lugares de interese da man da guía profesional Soledad Chayán de descubre Redondela MELLOR CON GUÍA.
PREZO
Adultos 25€
Nenos entre 4 e 12 años 15€
Menores de 4 anos gratis
IDIOMAS
Galego,
castelán, inglés
DURACIÓN DA VISITA
2 horas
PRÓXIMAS VISITAS PROGRAMADAS
Sádado, 13 de xullo de 2024 ás 11:30h.
Sábado, 20 de xullode 2024 ás 11:30h.
Saída do Porto de Cesantes (ver ubicación)
Consultar información e reservas no +34 667 401 909
ILLA DE SAN SIMÓN
Réndete á fascinación que a pequena illa de San Simón exerce sobre todos os que a visitan. Desvela o segredo oculto nun percorrido inesquecible pola súa historia, desde a Idade Media ata os nosos días.
ITINERARIO
Á hora indicada, atoparémonos no peirao de Cesantes, en Redondela para embarcar. Mentres nos diriximos á illa, declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, a nosa guía oficial irá explicando brevemente o pasado mariñeiro de Redondela e indicando enclaves que gardan relación con eventos ocorridos ao longo da historia de San Simón.
Desembarcaremos no Peirao dos Oficiais unha vez chegados á illa e comezaremos a nosa visita polo espazo coñecido como locutorio. A continuación realizaremos un completo repaso pola historia da illa, desde a súa orixe mítica ligada á lenda da Coca de Redondela ata o seu uso como escola-fogar, pasando pola súa etapa de mosteiro onde distintas ordes relixiosas foron ocupando este lugar ao longo dos séculos, ou o seu uso como hospital de corentena no século XIX ou como cárcere durante a guerra civil e parte da posguerra.
Poderemos gozar do traballo de restauración e rehabilitación levado a cabo polo arquitecto pontevedrés César Portela nun paseo dunhas dúas horas de duración en onde descubriremos os distintos usos que se lle deron aos edificios que aínda se conservan en pé e para qué se utilizan a día de hoxe.
Sabes que relación existe no castelo de Soutomaior e a illa de San Simón? Coñeces a lenda asociada á creación da illa? Queres descubrir a súa historia en profundidade en grupos pequenos? ¡Esperámoste!
PRÓXIMAS VISITAS PROGRAMADAS
Domingo, 14 de xullo de 2024 ás 19:00h.
Domingo, 21 de xullo de 2024 ás 19:00h.
Domingo, 28 de xullo de 2024 ás 19:00h.
Consultar información e reservas no +34 667 401 909
CAMIÑO
DE SANTIAGO
Redondela
é o punto de encontro entre as dúas variantes do Camiño Portugués e, durante a
nosa visita, faremos un percorrido polo trazado do Camiño pola nosa vila.
Empezando
polo convento de Vilavella, punto de entrada a Redondela e acabando na capela
de Santa Mariña, coñeceremos a historia de dúas vilas independentes que
acabaron unidas nunha. Peregrinos ilustres, vestixios do pasado conserveiro e
industrial, arquitectura popular e oficios tradicionais son algunhas das pezas
do puzzle que conforman a parte histórica da nosa vila.
ITINERARIO
Á
hora acordada encontrarémonos no cruceiro situado na Praza de Ponteares para
iniciar o noso percorrido polo trazado do Camiño Portugués pola vila de
Redondela. Empezaremos pola historia do convento de Vilavella, localizado ao fondo
da mesma praza, fundado no século XVI polo arcediago de Cerveira.
A
continuación, dirixirémonos á parte
coñecida como o estreito onde iremos descubrindo restos do pasado
industrial da nosa vila á vez que falamos da súa orixe, xa que nos atopamos
neste momento na “Redondela orixinal”.
Tras
admirar o Viaduto Vello e coñecer a súa historia, pasaremos por diante
do pazo de Petán antes de adentrarnos na antiga zona amurallada.
Debido
a ter sido a Vilanova unha zona menos industrializada, conserva aínda o
encanto de edificios históricos en pé que iremos descubrindo á medida que
avanzamos.
Unha
vez chegados ó antigo alfolí, adentrarémonos no barrio da Esfarrapada,
o barrio mariñeiro, e iremos percorrendo o antigo Camiño Real ata a
capela de Santa Mariña, onde remata a nosa visita.
PREZO
Adultos 10€
DURACIÓN
DA VISITA
1
hora
Consultar información e reservas no +34 667 401 909
DESCRICIÓN DO ITINERARIO
Á hora acordada encontrarémonos no palco da música situado na Alameda Castelao para iniciar o noso percorrido polos antigos portos de Redondela, hoxe desaparecidos.
Desde o punto de encontro dirixirémonos ó paseo da Portela onde iremos descubrindo restos do pasado industrial da nosa vila mentres desfrutamos da contorna natural da zona.
Ó final do paseo, penetraremos no corazón do barrio da Portela onde atopamos a casa natal do doutor Martínez, un destacado médico que colaborou na salvación de milleiros de xudeus durante a Segunda Guerra Mundial.
Poderemos ver a Punta Socorro e o edificio da antiga fábrica de fundición de metais, que aínda segue en pé, desafiando o paso do tempo, ademais de desfrutar dunhas vistas espectaculares da enseada de San Simón coa illa ó fondo.
Falaremos de fenómenos paranormais ocorridos no barrio e culminaremos a visita no peirao dos Carabineiros, que xogaron un papel fundamental na batalla de Pontesampaio contra os franceses.
Consultar información e reservas no +34 667 401 909
PRÓXIMAS VISITAS PROGRAMADAS
Sábado, 13 de xullo de 2024 ás 22:00h.
Sábado, 20 de xullo de 2024 ás 22:00h.
Sábado, 27 de xullo de 2024 ás 22:00h.
DESCRICIÓN DO ITINERARIO
Á hora acordada encontrarémonos nas inmediacións
da Casa da Torre para iniciar un percorrido case que iniciático por
distintas crenzas e supersticións galegas.
Desde o punto de encontro dirixirémonos á Praza
da Alfóndega onde falaremos da linguaxe simbólica dos cruceiros en
Galicia para, a continuación, encamiñarnos cara a Igrexa de Santiago e
descubrir un segredo oculto a plena vista. No noso camiño cara ó Campo
das Redes pasaremos polo cemiterio de Os Eidos onde
falaremos da Santa Compaña e da masonería en Redondela.
Una vez penetremos no barrio da Esfarrapada,
profundaremos un pouco máis nas supersticións dos mariñeiros e os rituais que
seguían para asegurar a volta a casa despois de faenar.
Personaxes xa esquecidos acompañarannos ó longo do
percorrido para ser rescatados do profundo da memoria.
Na Picota explicaremos a diferenza entre esta e un rolo de pedra, que é máis probable que fora o que se atopaba nesta zona de acceso ó recinto amurallado da Vilanova de Redondela seguindo o Camiño Real. Aquí cerca achegarémonos a observar un estraño símbolo tallado no muro dunha casa, xa antes de acabar a visita na Praza de Santiago.
Atréveste a mergullarte na historia máxica de Redondela?
Consultar información e reservas no +34 667 401 909
Descobre outros lugares Que mirar?