RED DE COMERCIOS E MERCADOS EL EL CAMINO CAMIÑO
La Asociación pone en marcha la adhesión del comercio de Redondela a la Red de Comercio en el Camiño
ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F).
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F).
A Rede de Comercios e Prazas no Camiño estará formada por establecementos comerciais retallistas e prazas de abastos cuxo domicilio social se atopa nalgún concello situado nun dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia e que solicitan a súa adhesión a ela.
Os establecementos adheridos á rede contarán cun distintivo identificativo para colocar de xeito visible no seu establecemento comercial. Así mesmo, recibirán un paquete de benvida á rede, que consistirá en distintos elementos promocionais para a difusión da rede entre os clientes.
Documentos relacionados
Información solo para socios
Por favor, acceda a súa área de asociado.