SUBVENCIÓN ESTRATEXIA DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL
Subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das
subvencións, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera
outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade
xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os
seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio
social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos establecidos
legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a
actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade
Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de vinte (20) traballadores
e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa
aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan
nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa
solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das
epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha
actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha
superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás
que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de
novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de
solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise.