SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E DE RESTAURACIÓN
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021
Obxecto:
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.
Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante:
• Gastos derivados da
transformación dixital.
Consideraranse os conceptos de:
a) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software
e comunicacións.
b) Gastos derivados de asistencias en programación,
desenvolvemento e mantemento
de sistemas de información.
c) Gastos derivados de asistencias para actividades de
dixitalización (gastos de márketing dixital, publicidade en redes sociais,
publicidade display, posicionamento en buscadores de email márketing, márketing
dixital, plataformas de comercialización ou landing
pages)
• Gastos derivados de
mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia
e do Xacobeo.
a) Gastos e investimentos relacionados co deseño e
elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais.
b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción en liña
(xestión de contidos,
xestión de redes sociais, social media, blogs, márketing
dixital).
• Actuacións de
mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar
a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.
a) Obras de reforma, acondicionamento, mellora das
instalacións e actuacións dirixidas
especificamente a mellorar a accesibilidade de persoas con
mobilidade reducida ou con
calquera outra limitación física, psíquica ou sensorial, así
como as destinadas á supresión
de barreiras arquitectónicas e sensoriais do establecemento
turístico.
b) Gastos e investimentos relacionados coa creación de
produtos para a promoción de
ofertas inclusivas.
• Desenvolvemento de
actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades
turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a
sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada
en km 0 ou posta
en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.
a) Gastos e investimentos relacionados cos investimentos que
contribúan a favorecer o
ambiente.
b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción e a
implementación de enerxías
renovables.
c) Impulso da mobilidade eléctrica (puntos de recarga e renovación da flota).
• Gastos derivados da
creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.
a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes
de comunicación, xa sexan
gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelería,
flyers, bancos fotográficos, vídeos,
spots... así como de elementos de promoción (merchandising)
b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e
comercialización da oferta turística.
c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como
actualizacións de páxinas
web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento
en buscadores SEO, email
marketing, marketing dixital, plataformas de
comercialización, social media, blogs e redes
sociais.
Non son gastos subvencionables:
a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
b) Gastos correntes da empresa e a
adquisición de material non inventariable, así como
menaxe de cociña e comedor (vaixela, xogos
de cubertos, cristalaría e pequenos utensilios), enxoval dos cuartos e baños, e
adquisición de bens de embelecemento e decoración
de estancias.
c) Obras de mantemento do establecemento,
entendendo por tales as que se realizan
periodicamente para manter a edificación en
perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura,
arranxos de carpintaría...).
d) Seguros, taxas por autorizacións
administrativas, licenzas ou similares.
e) Activos adquiridos mediante leasing ou
renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade
solicitante.
En ningún caso serán obxecto de subvención
os gastos de xuros debedores en contas
bancarias, os derivados de recargas e
sancións administrativas e penais. Os tributos serán
gasto subvencionable cando a persoa
beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.
En ningún caso se subvencionarán os impostos
indirectos cando sexan susceptibles de
Importe e porcentaxe subvencionable:
O importe
máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites
que a continuación se expresan:
– Para
empresas de 51 a 75 traballadores: máximo 55.000 €.
– Para
empresas de 76 ou máis traballadores: máximo 75.000 €.