
UNHA SEMANIÑA ENTEIRA
Únete ao reto e fala galego "Unha semaniña enteira"
A Asociación de Empresaras de Redondela únese ao reto "unha semaniña enteira" impulsada polo departamento de Normalización Linguística do Concello de Redondela para impulsar que a xuventude empregue o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade, así cando vaian a facer calquera compra, consumo ou xestión nos establecementos da localidade tamén poderán atopar establecementos identificados coa chapa da campaña para seguir co reto de falar galego "UNHA SEMANIÑA ENTEIRA"