VISITA GUIADA Á ILLA DE SAN SIMÓN
Servizo de Visitas Guiadas ofrecida POR MELLOR CON GUÍA
ILLA DE SAN SIMÓN
Réndete á fascinación que a pequena illa de San Simón exerce sobre todos os que a visitan. Desvela o segredo oculto nun percorrido inesquecible pola súa historia, desde a Idade Media ata os nosos días.
ITINERARIO
Á hora indicada, atoparémonos no peirao de Cesantes, en Redondela para embarcar. Mentres nos diriximos á illa, declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, a nosa guía oficial irá explicando brevemente o pasado mariñeiro de Redondela e indicando enclaves que gardan relación con eventos ocorridos ao longo da historia de San Simón.
Desembarcaremos no Peirao dos Oficiais unha vez chegados á illa e comezaremos a nosa visita polo espazo coñecido como locutorio. A continuación realizaremos un completo repaso pola historia da illa, desde a súa orixe mítica ligada á lenda da Coca de Redondela ata o seu uso como escola-fogar, pasando pola súa etapa de mosteiro onde distintas ordes relixiosas foron ocupando este lugar ao longo dos séculos, ou o seu uso como hospital de corentena no século XIX ou como cárcere durante a guerra civil e parte da posguerra.
Poderemos gozar do traballo de restauración e rehabilitación levado a cabo polo arquitecto pontevedrés César Portela nun paseo dunhas dúas horas de duración en onde descubriremos os distintos usos que se lle deron aos edificios que aínda se conservan en pé e para qué se utilizan a día de hoxe.
Sabes que relación existe no castelo de Soutomaior e a illa de San Simón? Coñeces a lenda asociada á creación da illa? Queres descubrir a súa historia en profundidade en grupos pequenos? ¡Esperámoste!