20230215-LorenzanaRedondelaEmpresarios4.jpg

XUNTA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA FORMALIZAN A ADHESIÓN AO PROTOCOLO AUTONÓMICO PARA DIFUNDIR AS OFERTAS DE TRABALLO NO SERVIZO GALEGO DE EMPREGO

A colaboración público privada permitirá a mellora dos procesos de selección e cobertura de postos de traballo.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe coa Asociación de Empresarios de Redondela o protocolo de adhesión ao sistema de difusión de ofertas de emprego do Servizo de Emprego de Galicia. Grazas a este vencello, a Xunta de Galicia e a entidade empresarial, comprométense a traballar da man para dar resposta ás vacantes do mercado de traballo, casando oferta de postos coa demanda das persoas desempregadas.

 

O Goberno galego está a redobrar esforzos co obxectivo de mellorar, a través da formación, a conexión entre a poboación en condicións de traballar coas necesidades do tecido empresarial para dar cobertura ás súas vacantes. Neste senso, a colaboración público privada resulta imprescindible, tal e como destacou a conselleira, na finalidade de acadar que o mundo da empresa atope as persoas coas competencias que coincidan coas súas necesidades. A través do protocolo asinado hoxe, contribúese a que as persoas demandantes de emprego rexistradas nas oficinas autonómicas poidan accedan a eses postos necesarios no caso de moitos sectores para seguir adiante coa súa actividade.

 

O protocolo asinado en Redondela permitirá, por unha banda, achegar ofertas de traballo ao Servizo de Emprego de Galicia por parte da asociación e dos seus afiliados e, por outra, potenciar o papel de  intermediación laboral das oficinas de emprego.


Si eres demandante de emprego e queres ser usuarios dos nos nosos servizos de empego podes rexistrate  aquí.

Etiquetado como #emprego #formación