Fomentar o desenvolvemento socioeconómico do concello de Redondela e defender os intereses do sector empresarial.
Queremos ser a entidade de referencia para todos os empresarios e empresarias da localidade onde todos se sintan orgullosos por pertencer e participar de forma activa sen distinción do seu tamaño ou actividade.
A fórmula dos nosos valores: Compañeirismo dos negocios + profesionalidade x proximidade = estratexia de éxito.