A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA COORDINA A REALIZACIÓN DUN ROTEIRO GUIADO PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO EN REDONDELA.
As actividades de aloxamento turístico suman novas iniciativas antes do arranque da tempada
Este primeiro roteiro percorreu as zonas urbanas de Redondela dende o casco histórico de Redondela, descubrindo vestixios da muralla medieval ata o Peirao dos Carabineiros, un percorrido que durou máis de 3 horas e que fusiona distintos roteiros temáticos que se comercializarán esta tempada para os viaxeiros e visitantes que queiran descubrir a localidade.
As empresas do sector destacan a oportunidade que supón coñecer de primeira
man a historia e simboloxía dos distintos puntos de interese localizados no
Concello de Redondela xa que desta maneira permítelles dar un asesoramento
personalizado ao viaxeiros e adaptado aos seus gustos e preferencias.
Dado que non so a Vila de Redondela alberga puntos de interese para o
turista senón que tamén o entorno rural e a propia Enseada de San Simón e as illas
teñen moita historia que contar realizaranse novos percorridos guiados coas
empresas do sector turístico que conforman esta Rede de Networking sectorial
que está traballando de forma coordinada pola Asociación de Empresarios de
Redondela.
A Vicepresidenta da Asociación de Empresarios de Redondela, Verónica González Seijas, que acompañou en todo momento aos participantes manifestou que as empresas do sector creen que unirse é hoxe, mais que nunca, unha necesidade e que para nós é un deber, como Asociación, estar aí apoiando e acompañando.