40 aniversario AER.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA CUMPRE 40 ANOS.

En xaneiro de 1985 votou a andar o proxecto de constitución da Asociación de Empresas de Redondela. Na cafetería Stop de Redondela un grupo de empresarios da localidade reúnense co obxectivo de constituír unha asociación de negocios da localidade, hoxe nese mesmo local está emprazado o comercio de lenzaría Zarifa e no que se deron cita os actuais membros da Xunta directiva para rememorar ese momento.

A actual xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela quere render unha homenaxe aos impulsores da entidade e tantos empresarios e empresarias que ao longo destes 40 anos forman e formaron parte desta Asociación Empresarial dándose cita no mesmo lugar é a mesma hora para posteriormente celebrar unha reunión de xunta directiva na que abordará o programa de eventos conmemorativos desta efeméride.

 

 

No orde do día da xuntanza ademais de organizar un programa de eventos conmemorativos a Xunta Directiva aborda un plan de traballo intenso xa que a entidade atópase xestionando un importante número de programas como:

-        Xuventude Mentoring na Empresa

-        Programa Integrado de Emprego

-        Programa de Dinamización comercial do Centro Comercial Aberto

-        Programa de Dinamización comercial Praza de Abastos

-        Programa de dixitalización do Kit Dixital

 

Para a conmemoración do aniversarios prevese un programa de actos e actividades que se prolongará ao longo de todo o ano resaltando datas claves daqueles primeiros pasos dados para a constitución e adquisición de personalidade xurídica da entidade que durou máis de un ano e que se culminou o 3 de marzo de 1986 coa definitiva adquisición de personalidade xurídica e polo tanto plena capacidade de obrar en defensa dos intereses comúns das empresas do municipio.

 

O sector comercial, hostaleiro, industrial, de servizos e a construción aglutináronse nunha única entidade de representación empresarial no municipio da formaron parte neste 40 años de historia 971 empresas. O número de afiliación máis baixo que permanece activo é o número 2, cuxa titularidade ostenta a empresa CONSTRUCCIONES ALFREDO VIDAL, S.L. . ata a última e máis recente incorporación do recentemente inaugurado establecemento de aloxamento ALBERGUE CASA DA HERBA da mercantil MOLINOS, G.H. S.L.

 

A xunta Directiva actual está conformada por 12 persoas,

PRESIDENTE

ENRIQUE LAGO GRANADA 

VICEPRESIDENTA

VERÓNICA GONZÁLEZ SEIJAS.

VICEPRESIDENTA 2º

MARGARIA CATRO PÉREZ.

TESOUREIRA

ROSA Mª AMODEDO GONZÁLEZ.

SECRETARIA

ANA BELÉN FABRE RAMONET.

VOGAIS

JOSE CARLOS RODRÍGUEZ VILLAMARÍN.

CARMEN LÓPEZ VIDAL.

GUSTAVO RENAN BARREIRO MORRESSI.

JOSÉ VEIGA PINTOS.

PATRICIA BALLESTEROS LEBORÁNS.

ROSANA ALVAREZ ROMERO.

FRANCISCO MIGUEZ PAZOS.

 

Naquel entón, recolle a acta daquela primeira xuntanza a:

-        Perfecto Cabaleiro Vidal

-        Celso Pérez González

-        Antonio Cuntis Taboas

-        Adolfo Durán Chamadoiro

-        José Carlos Crespo Piñeiro

-        Antonio Fernández González

 

 

 

A fronte da xerencia da entidade durante os últimos 20 años está Julia Alonso. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresarias e con  diversos Master e Estudos de Postgrao, chegou a Redondela recen titulada cando a entidade apenas dispuña dunha máquina de escribir e un vello ordenador. Envorcou o seu traballo no asesoramento ao emprendemento, na promoción do emprego  e apostou polo comercio local ata acadar a catalogación como Centro Comercial Aberto.

-        Este fito non resultou nada fácil, houbo que salvar moitas limitacións administrativas para dar a configuración axeitada a realidade comercial do municipio. O seu mantemento no tempo tamén foi unha constante loita dados os continuos cambios de criterio da administración. Hoxe Asociación de Empresarios de Redondela é unha das entidades de Galicia que se mantén no nivel máis alto de financiamento das actividades de dinamización comercial e que mantén unha actividade comercial destaca con negocios locais.

-        Digno de lembrar foi o gran esforzo realizado para por en marcha eventos como a Feira de Oportunidades, na que foi realmente complicado convencer aos comerciantes de aquel entón as bondades deste evento que hoxe ninguén cuestiona.

-        A Festa do Choco foi outro dos proxectos postos en marcha pola entidade que merece ser destacado, a distinción como Festa de Interese Galego foi acada grazas ao traballo da Asociación de Empresarios e ao apoio do Concello de Redondela naquel momento.

-        E outros moitos eventos e actividades como o Entroido de Verán, a Shpopping Nigh teñen o xerme nos homes e mulleres que conforman este colectivo empresarial

 

Hoxe, a entidade é un activo para a sociedade de Redondela na que o traballo polo desenvolvemento económico do municipio e a defensa dos intereses empresariais é un feito valorado tanto polos empresarios e empresarias como pola sociedade en xeral.  É co ánimo de seguir reinventándose apostan por seguir acompañando ao tecido empresarial da localidade nos grandes retos que están por chegar durante, ao menos, outros 40 anos máis.



ENLACES DE PRENSA:

- Faro de Vigo

Etiquetado como #40 aniversario