A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA FINALIZA HOXE 8 DE NOVEMBRO DE 2021 O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2020/21
Destacando o esfozo e traballo realizado na mellora das capacidades para o emprego das persoas participantes e os resultados de inserción que superan en case 20 puntos pocentuais os obxectivos marcados inicialmente.
A ASOCIACIÓN DE
EMPRESARIOS DE REDONDELA DESTACA O ALTO
GRADO DE CALIDADE DO EMPREGO ACADADO POLAS PERSOAS PARTICIPANTES NO
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ENTIDADE: O 80% DOS CONTRATOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO DE
EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA 2020/21 CUMPRE OS CRITERÍOS
DE CALIDADE DO EMPREGO ESIXIDOS POLA XUNTA DE GALICIA.
O PORCENTAXE DE INSERCIÓN DOS PARTICIPANTES QUE FINALIZARON O PROGRAMA É DO
64% SUPERANDO EN CASE 20 PUNTOS PORCENTUAIS OS OBXECTIVOS INICIAIS.
Entre os colectivos participantes no programa compre
destacar os resultados de inserción acadados polas mulleres, un 72,5% dos
contratos reúne os criterios de inserción e o 85% foi contratada ao longo do
programa.
Outro dos colectivos que destaca en canto a resultados de
inserción son os menores de 30 cualificados que acadaron un nivel de inserción
do 60% e que demostra o interese das
empresas locais por captar talento.
O compromiso coa formación e o desenvolvemento da
autonomía foi clave en todo o programa, ao que contribuíu de forma destacada o
programa de mentorización desenvolvido nas primeiras fases, e acadando
resultados especialmente destacables no colectivo de menores de 30 sen cualificación sendo 8 os usuarios que retomaron os estudos para a obtención
da ESO, nivel imprescindible para poder acceder ao mercado de traballo.
O emprendemento
tamén tivo o seu oco no programa, destacando varias iniciativas de
emprendemento e forxando as bases para outras dúas.
A adquisición de experiencia a través de prácticas non laborais que contou coa colaboración
tanto de importantes coas empresas da comarca e con pequenos empresarios locais
foi un instrumento que permitiu optimizar o proceso de sincronización entre
oferta e demanda de traballo e atender mellor as dificultades que o sector
empresarias se está atopando para cubrir postos de traballo.
PARTENON foi unha das empresas destacadas nesta colaboración, non
so contratando a persoal do programa senon tamén acollendo sesión prácticas que
permitiron aso usuarios adquirir a visión práctica dos procesos da empresas.
Así os alumnos do itinerario de loxística e produción puideron comprender a
importancia e funcionamento da xestión loxística dentro do proceso produtivo e
os alumnos do curso de CRM e ERP
puideron ver as funcionalidades da implementación da aplicación SAP na empresa
e a optimización de recursos e capacidade para axustarse ás necesidades do
cliente optimizando a xestión da información. Todo unha lección práctica que
agradecemos a todo o equipo de Partenon e moi especialmente ao seu Responsable
de Recursos Humanos JORGE SIEIRO FROIZ.
A Asociación de
Empresarios de Redondela quere agradecer a todas a empresas colaboradoras co
programa de emprego a súa implicación e compromiso e destacar o importante
esforzo inversor que supón tanto para
administración autonómica da Xunta de Galicia e moi especialmente para
as entidades a posta en marcha programas
de emprego que debería contar con continuidade para seguir favorecendo o
desenvolvemento de capacidades para o emprego do factor produtivo con maior
capacidade para xerar valor, as persoas, especialmente nun momento que o actual
abocado transformación e no que a transformación dixital da man de obra é un
reto que estes programas xa están a asumir.
Empresas colaboradoras: