JUNTA DIRECTIVA 2.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PARTICIPA NA PRIMEIRA XUNTAZA DA MESA DE ASESORAMENTO ECONÓMICO E REESTRUCTURACIÓN DO COMERCIO.

A asociación propón medidas de reactivación e plans sectoriais específicos .

Entre as medidas máis inmediatas a Asociación solicita, MEDIDAS FISCAIS, que os impostos e taxas con devengo anual e cuxo suxeito pasivo sexa unha persoa física ou xurídica que desenvolva a súa actividade económica o Concello de Redondela, se lle aplique unha redución equivalente ao:

-          100% do importe proporcional correspondente ao período de inactividade

-          Ou ao 50% para as actividades esencias ou con apertura permitida durante o estado de alarma.

Fundamentalmente nos estamos a referir a impostos como: IBI, IAE, IVTM e taxas municipais como: recollida de lixo, licenzas de autotaxis, instalación na vía publica de mesas e cadeiras, instalación de kioscos e as taxas da Praza de Abastos.

 

No eido fiscal, ademais destas medidas inmediatas, tamén é preciso abordar, no curto prazo, a reformas noutros tributos locais como é o caso das Licenzas de Apertura.

 

Entre as demandas inmediatas tamén se solicitaron MEDIDAS DE SOSTEMENTO, unha das principais dificultades do pequenos empresarios locais é ter que seguir facendo fronte aos gastos fixos durante o período de inactividade, sendo os alugueres un dos máis destacados e que xa antes da crisis era claramente identificado como un dos principais condicionantes da rendibilidade dos negocios locais.  Un 83% dos negocios locais están en réxime de aluguer, polo que a Asociación propuxo na mes:

-          AXUDAS DIRECTAS para sufragar gastos fixos

-          AXUDAS INDIRECTA, por exemplo bonificando aos propietarios que durante os meses de actividade condonen todo ou parte dos alugueres.

 

Entre as MEDIDAS PARA FALICITAR A LIQUIDEZ , que a Asociación reivindicou dende o primeiro momento que se dese máxima axilidade do pago a provedores locais do propio concello, dando conta na reunión do estado de execución dos mesmos. Pero ademais, como consecuencia deste novo contexto de confinamento e distanciamento social a Administración local vese na obriga de  prestar servizos inéditos e de reprantexar como se prestan os xa preexistentes polo que propón a definición dunha CARTA DE NOVOS SERVIZOS e se busque o encaixe da prestación dos mesmo a través de empresas locais.

 

Respecto da batería de MEDIDAS PARA A REAPERTURA púxose o acento na dixitalización, no apoio a dotacións de medios materiais para facilitar a prestación de servizos e o desenvolvemento da vida comercial de forma segura e en xeral a como configura o entorno comercial más próximo ao consumidor como a mellor opción e máis segura para cubrir as súas necesidades de consumo.  Dende a Asociación se propuxo traballar sectorialmente xa que as medias e a repercusión sobre os distintos tipos de actividade son moi diferentes.

 

Adicionalmente, a participación na reunión de distintos colectivos como a Confraría de pescadores ou o colectivo de taxista pon de manifestos as sinerxías positivas da integración e a colaboración entre dos distintos axentes económicos.