A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA REALIZA UN NETWORKING DIRIXIDO AO SECTOR DO ALOXAMENTO EN REDONDELA.
O sector arranca motores para impulsar a actividade turística
O sector do aloxamento en Redondela ten experimentado un notable crecemento
nos últimos anos, coordinar e impulsar accións conxuntas é un paso necesario
que o sector privado demanda e a Asociación toma o testemuño para coordinalo e servir de correa de
transmisión coas administracións con competencias na materia.
Durante a xuntanza os asistentes analizaron os últimos datos estatísticos
do sector en Redondela e a súa comparativa co marco autonómico. Actualmente, figuran
rexistradas en Redondela 110 actividades
de aloxamento das cales o 75% son Vivendas de Uso turístico (VUT), no
obstante, este tipo de aloxamento representa 41% da oferta de prazas de
aloxamento, un porcentaxe que está 3,61 puntos por encima da media Galega o que
denota unha maior dimensión deste tipo de aloxamento no municipio. As VUT ten
experimentado un intenso crecemento, dato que vai moi en consonancia co
experimentado en toda Galicia nos últimos anos, especialmente no litoral.
Albergues e pensións concentran o 40% das prazas de
aloxamento da localidade. Cunha oferta renovada e adapta perfectamente a
crecente demanda de turismo de peregrinaxe que ten actualmente Redondela.
A oferta de prazas de aloxamento na tipoloxía de hoteis
segue a ser a menos significativa co 2% das prazas. O sector segue reclamando a
importancia de sumar este tipo de establecemento á oferta local achando esta
deficiencia ao escaso apoio da administración local á iniciativa privada para o
desenvolvemento deste tipo de aloxamentos.
A análise da Ameazas, Oportunidade, Fortaleza e
Debilidades deu pe a un interesante debate a unha importante reflexión sobre a
necesidade de remar xuntos para que Redondela sexa un punto de referencia en
Galicia da man do destino estrela que se atopa no corazón da enseada de
San Simón.
Destacou, na análise dos datos que Redondela, que con 120.000 visitante en 2022, tan so o 3%
foi rexistrado na oficina de turismo, responsabilizando a xestión municipal
deste importante desaxuste no servizo de información ao visitante.
O TECIDO EMPRESARIAL APOSTA POLA COORDINACIÓN E
COLABORACIÓN ENTRE AS EMPRESAS DO SECTOR.
A primeira
das iniciativas que acordaron por en marcha e a realización dun ROTEIRO
PROFESIONAL GUIADO dirixido ás persoas empresarias e traballadoras do
sector turístico ao obxecto de adquirir os coñecementos adecuados para poder
informar de primeira man de todos os recursos turísticos do municipio, da gran
importancia do valor patrimonial e histórico dos distintos elementos e lugares
en Redondela. O percorrido realizarase da man de Soledad Chayán, guía turística
profesional, que recoñece que Redondela, aínda que acolledora e chea de vida, a
súa historia tende a pasar desapercibida para os visitantes. Con esta
iniciativa o sector adquirirá a capacitación necesaria para ser prescritor e
recomendar ao viaxeiro as visitas e experiencias que mais se adapten aos
seus gustos e preferencias.
A cita será o vindeiro xoves 9 de febreiro ás 10:00 a.m. A información e inscrición poderá xestionarse a través da Asociación de Empresarios de Redondela ou accedendo ao portal web da entidade.
Na reunión quedaron apuntalados os asuntos nos
que se comezará a traballar de forma prioritaria, como un proxecto de mellora
da calidade do destino turístico que comezará polo análise da viabilidade de
implementar a metodoloxías SICTED, e a coordinación coa administración
especialmente en canto as necesidades do Camiño de Santiago.