A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS PON EN MARCHA UNHA NOVA ACCIÓN DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL PARA A CAMPAÑA DE PASCUA
A promoción dixital conxunta dos produtos e ofertas do comercio local son unha das principais accións que se están a levar a cabo nesta nova campaña comercial de pascua.
TENDENCIAS
DO CONSUMO E CAMBIOS DE HÁBITOS DA CLIENTELA :
OS
COMERCIOS LOCAIS REMEMORAN CON NOSTALXIA AS CAMPAÑAS DE RAMOS E PASCUA.
OS CAMBIOS DOS HÁBITOS DE CONSUMO DAS FAMILIAS
MARCAN AS CAMPAÑAS COMERCIAIS DE SEMANA SANTA.
Nun contexto no que os observatorios de consumo
apuntan a unha caída do 10% da intención de gasto das familias en Semana Santa,
hai sectores nos que as caídas das vendas están marcadas por un camiño sen
retorno, na mentres outros despegan con certo optimismo.
Saír de restaurantes e viaxar ocupan os primeiros
postos do ranking de intención de consumo polo que se espera unha maior
actividade en restaurantes e especialmente actividades de aloxamento que están
a experimentar tamén en Redondela una aumento significativo. Na contra as
actividades comerciais miran con nostalxia a perda económica que ten suposto a
desaparición de tradicións noutrora instauradas e hoxe esquecidas.
DOMINGO DE RAMOS
Así con 20 anos ao fronte dun establecemento
comercial especializado en roupa infantil e mercería, Marga Pérez do establecemento MAS QUENIÑOS, rememora as importantes
compras de aprovisionamentos para surtir á clientela de todos os cores hábidos
e por haber en medias e calcetíns de perlé que as nenas esteaban o domingo de Ramos
con vestidos que eran auténticas obras de arte bordadas a man. E que nas festas
patronais tanto da vila como das parroquias era un pulo importante para o
consumo. Hoxe cunha oferta renovada e adaptada aos gustos da clientela actual
afronta a competencia das grandes plataforma de venda e sigue sendo un
referente para a clientela que busca un produto especializado, diferenciado e
de calidade mantendo un importante surtido de produtos de marcas que son
fabricantes nacionais de referencia.
A PASCUA.
Os doces son outra das tradicións mais arraigadas
da Semana Santa, na nosa comarca. A rosca ten sido o doce mais tradicional e xa
no seu momento deixou atrás os bolos doces. Con máis de 40 anos de traxectoria
profesional, Mari de PANADERÍA O
CRUCEIRO lembra facer Roscas, bolos ou Bizcoitos de 3 e 4 quilo e incluso
as veces era unha pugna entre padriños agasallar coa rosca mais grande, hoxe
unha roca de máis kilo e medio xa é algo excepcional. A rosca ou roscón de
Pascua aínda que segue presente deixou paso ao chocolate, pero aprender a
elaboralo foi un reto e precisouse de formación e dunha gran inversión en
maquinaria de procesado e máquinas de conservación un esforzo inxente que cada
vez estreita máis o marxes comerciais e especialmente este ano no que a materia
prima, o cacao, está a experimentar un ascenso sen precedente, chegado a
duplicarse o seu prezo. A campaña de Pascua é un momento importante de vendas,
pero cunha rede de establecementos por toda a comarca nota que a tenda de
Redondela é a que ten experimentado unha maior contracción do consumo e ata se
viu obrigada a reducir persoal e axustar a súa actividade.
A SEMANA SANTA.
Ocio e descanso será hacia onde se canalice o gasto
nunha semana santa que este anos chega á final de mes explica tamén a previsión
de descenso do consumo apuntadas por distintos observatorios e enquisas de
prospección de gastos para 2024.