bannner-decembro.png

A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PON EN MARCHA UN ESTUDO PARA ANALIZAR O IMPACTO REAL DA NOVA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO LIXO EN REDONDELA.

A subida da taxa do lixo móvese nun rango entre o 50% e o 900% para as actividades económicas do municipio, afectando de forma desigual aos distintos sectores.

Para a cuantificación económica do impacto, a entidade está a realizar un traballo de campo a través dunha enquisa dirixida á todas as empresas da localidade así como aos propietarios dos locais nos que se realizan actividades comerciais e empresariais.
 
Cunha mostra significativa de empresas enquisadas, as primeiras conclusións que se extraen levan a Asociación de Empresas de Redondela a estudar a presentación dunha alegación conxunta xa que a repercusión sobre as contas de resultados das empresas fan a algunhas cheguen a prantexarse deslocalizarse do municipio, feito que se debe evitar a toda consta xa que Redondela non se pode permitir perder nin unha soa empresa máis. De ser así a espiral de perda de ingresos podería comprometer incluso a estabilidade económica do propio concello.
 
Ao abeiro do disposto na lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, son moitas as obrigas e retos que teñen que afrontar as administracións locais, todas elas orientadas a reducir os efectos negativos da xeración e xestión de residuos na saúde humana e no medio ambiente, expresamente esta lei recolle a obriga de dispor dunha taxa de carácter público non tributaria, diferencia e específica para os servizos que deben prestar en relación cos residuos de competencia municipal, TAXA QUE DEBERÍA TENDER HACIA UN PAGO POR XERACIÓN DE RESIDUOS, cuestión que se obvia nesta ordenanza, sendo a súa modificación unha oportunidade para atender aos requirimentos establecidos por esta nova normativa legal.
 
Os axustes na ordenanza fiscal, que a Asociación de Empresas de Redondela entende necesarios para atender aos requirimentos legais,  deben por o foco na implementación de sistemas de pago por xeración, cuestión que non se traballa de forma profusa nesta nova ordenanza e deben vir acompasados dunha mellor xestión na recollida separada de residuos, no establecemento de medidas para a preparación de residuos para a reutilización e reciclado, que tamén están a propiciar novas oportunidades de negocio e a creación novos empregos, e non enfocarse exclusivamente nun instrumento recadatorio.
 
O impacto sobre as actividades é moi desigual, cuestión que é totalmente cuestionable ao non estar vinculada conceptualmente con ningún sistema de xeración. Así por exemplo, restaurantes e cafetería poden estar nunha pinza se subida que pode oscilar entre o 150% e o 250%, o comercio presenta un rango ente o 45,70% e o máis do 700% e actividades como academias de ensino poderían chegar a unha subida próxima ao 900%. Os centros residenciais vense afectados en maior medida pola subida canto menor é o seu tamaño, así unha residencia de menos de 25 prazas podería estar experimentado unha subida na taxa do lixo de case o 1.000%.
 
Mención aparte merecen as INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, OCIO E SIMILARES que poderían chegar a pagar ata 2.028,55 € en caso de superar os 500m2 e que sen dúbida polo carácter social e non lucrativo que teñen moitas das entidades que dispoñen deste tipo de instalacións deberán entenderse incluso eximidas da propia taxa.
 
En xeral as valoracións cualitativas das empresas enquisadas consideran que este abrupto incremento é un abuso e que creen que a medida debería ter, cando menos, un incremento paulatino.
 
- “Creo que economicamente o concello está mal, precisan recadar e o van a facer a nosa costa . Sen embargo cada vez axudan menos, trátanos peor e esixen condicións máis irracionais. Iso non é xusto deberíamos manifestar o noso descontento e que a xente sexa consciente do que están facendo”.
 
-“Os empresarios estamos pagando os pratos rotos da mala xestión do Concello
 
–“Me parece una tasa desmedida, cuando no utilizamos el servicio, porque tenemos una empresa que se encarga de la recogida de nuestros residuos: sí finalmente ese es el importe a pagar nos buscaremos otro sitio para desempeñar nuestra actividad en municipios cercanos. (atraco a mano armada)”.
 
 
A ASOCIACIÓN ESTUDA O PERCORRIDO XURÍDICO QUE PODERÍAN TER CERTAS EIVAS QUE SE POÑEN DE MANIFESTO NO PROPIO INFORME TÉCNICO ECONÓMICO DA NOVA TAXA.
 
Poderíamos estar ante un caso de indeterminación da base impoñible xa que, para as actividades nas que o factor parametrizable de cálculo da taxa fíxase en función dos metros cadrados, nin o informe nin a ordenanza definen o método nin a forma de determinación dos mesmos. Para os cálculos o informe técnico-económico cuantifica en 2.564 actividades económicas que comprenden 375 actividades ou tipo de negocios e que aos efectos de determinación da taxa agrúpanse en 12 categorías, pero en ningún momento conta cos valores dos metros cadrados de superficie comercial nin empresarial o que nos pode levar ao incumprimento do artigo 24.2 do Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, que establece que o importe das taxas non poderá exceder, no seu conxunto o custe real previsible do servizo polo que as estimacións de recadación están condicionadas á determinación da variable m2, que non se define claramente nin no informe nin na propia ordenanza  cales nin como serán de aplicación.  Polo tanto, e considerando que a falta de claridade e precisión na determinación da base impoñible, derivada da indeterminación da superficie de aplicación, podería ser un factor clave para acadar a anulación da nova ordenanza ante a xustiza. A entidade fai un chamamento a todas as empresas a subscribir a alegación e a que todas as forzas políticas, especialmente as que teñen competencias de goberno, atendan a considerar a conveniencia da nova ordenanza nos termo nos que foi aprobada no pleno do Concello de Redondela do día 21 de outubro de 2024  e atendan a oportunidade de establecer unha nova ordenanza moderna e que responda aos principios establecidos de pago por xeración da nova lexislación en materia de economía circular.