A CRISE SANITARIA COVID-19. HISTORIAL INFORMACIÓN DE INTERESE PARA EMPRESAS.
Historial de medidas
Venres, 7 de maio de 2021
Mércores, 5 de maio de
2021
ORDE
do 5 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 17 de marzo
pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da
evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade
Autónoma de Galicia.
Venres, 30 de abril de 2021
Mércores, 28 de abril de 2021
Venres, 23 de abril de 2021
ORDE
do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola
que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da
situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Mércores, 21 de abril de 2021
Martes, 20 de abril de 2021
Venres, 16 de abril de 2021
Mércores, 14 de abril de 2021
Limitación da mobilidade nocturna:
Durante o período comprendido entre
as 23.00 e as 6.00 horas as persoas únicamente poderán circular polas vías ou
espazos de uso público para realizaren as seguintes actividades:
a) Adquisición de medicamentos,
produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e
establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención
veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigas laborais,
profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia
habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.
f) Asistencia e coidado a maiores,
menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
g) Por causa de forza maior ou
situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de
análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Abastecemento en gasolineiras ou
estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das
actividades previstas nos parágrafos anteriores.
A eficacia das medidas previstas
neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 16 de abril de 2021.
- Deberán distribuírse no local de xeito
homoxéneo as mesas e cadeiras posibles dentro da porcentaxe máxima de uso
interior establecida dispoñible, evitando a súa concentración en espazos
concretos, especialmente naqueles establecementos que dispoñen de varias salas
ou comedores. Nos casos en que se dispón de varias salas ou comedores, a
superficie dos que permanezan sen uso non computarán para os efectos do cálculo
da capacidade interior do establecemento.
- Requisitos aplicables nos
establecementos que teñan título municipal habilitante de
restaurante que utilicen a opción de ampliar o seu horario de
peche máis alá do horario estipulado para os restantes establecementos
de hostalaría:
1. A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá
levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.
2.
Levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome e
apelidos, DNI e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá
a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información
do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas
de protección de datos de carácter persoal.
3.
Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da
utilización de dispositivos medidores de CO2 , que deberán dispor dunha
pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os
usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE. Non se situarán
preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. No caso de sistemas
mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior
e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións
realizadas.
As medidas previstas nesta orde
terán efectos a partir das 00.00 do 16 de abril de 2021. A obriga de
utilización de dispositivos medidores de CO2 terá efectos a partir das 00.00 do
día 23 de abril de 2021.
ORDE
do 14 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021
pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da
evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade
Autónoma de Galicia.
Viernes, 9 de abril de 2021
Mércores, 7 de abril de 2021
- No territorio dos concellos
da Comunidade Autónoma de Galicia limitarase a permanencia de grupos de persoas
a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao
aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de
convivintes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas
conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro
ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos».
A eficacia desta medida
producirá efectos a partires das 00.00 horas do día 10 de abril de 2021.
- Concellos en que son aplicables limitacións
específicas de entrada e saída de persoas, de permanencia de grupos de persoas
en espazos públicos ou privados e de permanencia en lugares de culto: Grove
(O). Pobra do Caramiñal (A).
A eficacia desta medida comezará ás 00.00 horas do día
8 de abril de 2021.
Martes, 6 de abril de 2021
Mércores, 31 de marzo de 2021
Martes, 30 de marzo de 2021
Ley 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urgentes de
prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria
ocasionada por el COVID-19.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/30/pdfs/BOE-A-2021-4908.pdf
Mércores, 25 de marzo de 2021
Mércores, 23 de marzo de 2021
Mércores, 17 de marzo de 2021
CAMBIOS NAS RESTICCIÓNS 18 DE MARZO DE 2021
Limitación da permanencia de grupos de persoas en
espazos públicos ou privados no Concello de Redondela:
- Limitarase a permanencia de grupos de persoas a un
máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos
ou ao aire libre de uso público. En espazos de uso privado, a permanencia de
grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas
conviventes.
Venres, 12 de marzo de 2021
Venres, 12 de marzo de 2021
Resolución de
11 de marzo de 2021, de la Secretaría de Estado de Sanidad, por la que se
publica el Acuerdo del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud
sobre la declaración de actuaciones coordinadas frente a la COVID-19 con motivo
de la festividad de San José y de la Semana Santa de 2021.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/12/pdfs/BOE-A-2021-3841.pdf
Martes, 9 de marzo de 2021
LISTADO DE TERRITORIOS QUE DEBERÁN COMUNICAR OS DATOS
DE CONTACTO E DA SÚA ESTADÍA NA COMUNIDADES AUTÓNOMA DE GALICIA
Venres, 5 de marzo de 2021
NOVAS RESTRICCIÓNS 8 DE MARZO DE 2021
Xoves, 4 de marzo de 2021.
NOVAS RESTRICCIÓNS 5 DE MARZO DE 2021
Xoves, 25 de febreiro de 2021.
RESUMO PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
1. Os establecementos deberán
expoñer, nun lugar visible tanto para clientes como para autoridades
sanitarias, os aforos máximo interior e exterior, a porcentaxe máxima de uso
establecido en cada momento e o aforo máximo interior e exterior resultado da
aplicación da porcentaxe.
2. Para facilitar o coñecemento de
cumplimento das reglas de aforo as persoas usuarias e traballadoras, as mesas e
sillas montadas deberán corresponder cos aforos permitidos en condicións
normais, e se procede a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e
sillas que sexa necesario para que só poidanse utilizar as correspondentes ás
porcentaxes de uso.
3. A persoa titular do
establecemento obterá un código QR na seguinte ligazón.
4. A implantación do Plan de
hostalaría segura establece un plan de control e inspección. Os Concellos
efectuarán visitas de inspección co obxeto de control e comprobación do
cumprimento das seguintes medidas:
- Que expuseron no exterior do local
o aforo máximo permitido de acordo aos modelos de cartelería posto a
disposición polas autoridades sanitarias.
- Que se cumpre a porcentaxe máxima
de aforo establecida en cada momento durante a situaciñon da pandemia.
- Que a apertura e o peche do
establecemento están dentroo do horario establecido.
- Que os clientes e os empregados do
local cumpren as medidas de seguridade interpersoal en canto as distancias e ao
uso de máscara.
Luns, 15 de febreiro de 2021
RESUMO DE
MEDIDAS:
·
Comercio: recupera o seu horario este mércores 17 de febreiro
cun aforo do 50%. Os centros comerciais permanecerán
pechados os fins de semana.
·
Restaurantes: os únicos establecementos hostaleiros que poderán
recuperar a súa actividade son aqueles ubicados nas áreas de
servizo, para atender aos transportistas de forma individual.
·
Actividade cultural: Reábrense bibliotecas, arquivos, museos, salas
de exposicións, cinemas e auditorios cun 30% de capacidade máxima.
·
Residencias: Desescalada
desde o vindeiro mércores en residencias que completasen ciclo de vacinas fai
dez ou máis días. Tres visitas á semana con dous familiares de referencia.
·
Mantense o peche
perimetral por Concello.
Martes, 9 de febreiro de 2021
Martes, 26 de xaneiro de 2021.
Recoméndaselles ás persoas maiores de 75 anos, ás
persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de
enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da
máscara ou que presenten algunha alteración que faga inviable a súa
utilización, que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de
previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou
establecementos abertos ao público, co fin de reducir os riscos derivados da
coincidencia con outras persoas.
Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma
de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares,
así como das atraccións de feiras.
Medidas de prevención
específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia
As medidas previstas
nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de
2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.
Establecementos e locais comerciais retallista e de
actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de
centros ou parques comerciais.
Os establecementos e locais comerciais retallistas e
de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte
de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da
súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en
varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta
mesma proporción.
Os establecementos e locais comerciais retallistas
abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán
ás 18.00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un
horario inferior.
Exceptúanse do disposto no punto anterior as seguintes
actividades comerciais, que poderán pechar ás 21.30 horas, salvo
que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou
superior.
a) Comercio polo miúdo en establecementos non
especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
b) Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas en
establecementos especializados.
c) Comercio polo miúdo de carne e produtos cárnicos en
establecementos especializados.
d) Comercio polo miúdo de peixes e mariscos en
establecementos especializados.
e) Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería,
confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
f) Comercio polo miúdo de bebidas en establecementos
especializados.
g) Outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios
en establecementos especializados.
h) Comercio polo miúdo de combustible para a
automoción en establecementos especializados
.i) Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos
en establecementos especializados.
j) Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos en
establecementos especializados.
k) Comercio polo miúdo de alimentos para animais de
compañía en establecementos especializados.
Deberá prestarse un servizo de atención preferente a
maiores de 65 anos
Establecementos que teñan a condición de centros e
parques comerciais ou que formen parte deles e grandes superficies.
1. Os establecementos e locais comerciais retallistas
e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en
centros e parques comerciais, así como as grandes superficies, non poderán
superar o trinta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos
ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un
deles deberá gardar esta mesma proporción.
Para estes efectos, entenderase por centros e parques
comerciais, os establecementos comerciais de carácter colectivo definidos no
número 2 do artigo 23 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior
de Galicia. Entenderase como grandes superficies as que superen os 2500 metros
cadrados.
2. A capacidade das zonas comúns dos centros e parques
comerciais queda limitada ao 30 %. Non se permitirá a permanencia de clientes
nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos. Queda
prohibida a utilización de zonas recreativas, como poden ser zonas infantís,
ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.
3. Os establecementos e locais comerciais retallistas
abertos ao público situados en centros e parques comerciais, así como as
grandes superficies, deberán pechar ao público ás 18.00 horas, salvo que teñan
fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
Así mesmo, deberán pechar os sábados, domingos e
festivos. 4. As regras establecidas no punto anterior non será de aplicación
aos establecementos recollidos no número 3.6.3.
5. Deberanse establecer as medidas necesarias para
manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e
establecementos e nas zonas comúns ou, na súa falta, a utilización de medidas
alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que
se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos
previstos no número 1.4 deste anexo. Ademais, deberán evitarse as aglomeracións
de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.
6. Os centros e parques comerciais, así como os
establecementos que teñan a consideración de grandes superficies, deberán de
dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o
número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da
capacidade máxima permitida nas citadas instalacións. O cumprimento da citada
obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das
citadas instalacións ou das quen teñan atribuída a súa xestión.
7. Deberán prestar un servizo de atención preferente a
maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos
ou caixas de pagamento específicos, e/ ou en horarios determinados que aseguren
a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente
deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.
Actividades en academias, autoescolas e centros
privados de ensino non regrado e centros de formación.
1. A actividade que se realice en academias,
autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non
incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do Real decreto lei 21/2020, de 9
de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para
facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, inscritos no
correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non
se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.
Nestes centros priorizarase a realización da
actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que
sexa posible.
2. Deberán establecerse as medidas necesarias para
manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa
falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de
máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade
interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3. do Acordo do
Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
3. No caso de utilización de vehículos será
obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o
resto de ocupantes do vehículo.
Hoteis e aloxamentos turísticos.
1. Estes establecementos poderán manter a súa
actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados
segundo a normativa vixente.
2. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e
aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa
capacidade. Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade dos
distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar
eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a
capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e
distancia mínima establecidas.
3. Poderán facilitar unicamente servizos de hostalaría
e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos.
4. No caso de instalacións deportivas de hoteis e
aloxamentos turísticos, tales como piscinas o ximnasios, estas permanecerán
pechadas.
Realización de actos e reunións laborais,
institucionais, académicos ou profesionais.
A realización de actos e reunións laborais, institucionais,
académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e
administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de
formación e ocupacionais, poderanse realizar sempre que se adopten as medidas
previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que serecomenda
que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.
Non se poderá superar o trinta por cento da capacidade
autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 30 persoas
para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
Non obstante, poderase ampliar o límite indicado logo
de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas
medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste
caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades,
públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios
de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e
actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en
España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias
Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do
Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan.
Lonxas.
Nas lonxas deberán establecerse as medidas necesarias
para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será
obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal
indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta de
Galicia, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.
Transportes.
1. As condicións de capacidade dos vehículos e
embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é, o transporte en autobús
–de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou
discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas
do seguinte modo:
a) Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de
asentos, poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima
separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
b) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas
prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia
posible, e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das
prazas de pé.
2. Como medidas adicionais aplicables aos modos de
transporte establécense as seguintes:
a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta
sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos
no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do
posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto
directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.
b) Na prestación de servizos colectivos regulares de
transporte de viaxeiros de carácter interurbano, de uso xeral, cando non estean
autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte
marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto
de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste.
Igualmente, todos os anteriores vehículos e
embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible
para as persoas usuarias.
Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha
asignación previa de asento, recoméndaselles ás persoas viaxeiras que anoten no
seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días
posteriores ao da viaxe.
c) As empresas concesionarias procuraran a máxima
ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras
abertas sempre que non se produzan correntes de aire. Para tal efecto, os
vehículos que realicen varias viaxes en diferentes quendas horarias deberán
proceder á ventilación deste antes de cada quenda e, sempre que fose posible, á
súa limpeza e desinfección. En todo caso, realizarase como mínimo unha limpeza
diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e
desinfección.
d) Tanto as empresas concesionarias coma as persoas
usuarias observarán en todo momento as medidas de protección, e o uso da
máscara, e as demais medidas de prevención, evitando condutas como levantarse,
interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns, ou outras
condutas que poidan xerar risco de contaxio ou transmisión.
3. Está permitido o desprazamento nun vehículo
particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto
de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan
acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por
fila de asentos, e deberán usar todas máscara.
4. No caso de taxis, non poderá utilizarse o asento
dianteiro, e non poderán desprazarse nun mesmo vehículo persoas que non sexan
conviventes. O uso de máscara é obrigatorio.
Medidas especiais para determinadas actividades. Peche
temporal:
I. Espectáculos públicos: I.1. Espectáculos
cinematográficos. I.2. Espectáculos teatrais e musicais. I.3. Espectáculos
taurinos. I.4. Espectáculos circenses. I.5. Espectáculos deportivos. I.6.
Espectáculos feirais e de exhibición. I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas: II.1. Actividades culturais e
sociais. II.2. Actividades deportivas. II.3. Actividades de lecer e
entretemento. II.4. Atraccións recreativas. II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos abertos ao público: III.1. Establecementos de espectáculos
públicos. III.1.1. Cines. III.1.2. Teatros. III.1.3. Auditorios. III.1.4.
Circos. III.1.5. Prazas de touros. III.1.6. Establecementos de espectáculos
deportivos. III.1.7. Recintos feirais. III.2. Establecementos de actividades
recreativas. III.2.1. Establecementos de xogo. III.2.1.1. Casinos. III.2.1.2.
Salas de bingo. III.2.1.3. Salóns de xogo. III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas. III.2.2.1 Estadios
deportivos.III.2.2.2. Pavillóns deportivos. III.2.2.3. Recintos deportivos.
III.2.2.4. Pistas de patinaxe. III.2.2.5. Ximnasios. III.2.2.6. Piscinas de
competición. III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.III.2.3.
Establecementos para atraccións e xogos recreativos. III.2.3.1. Parques de
atraccións e temáticos. III.2.3.2. Parques acuáticos. III.2.3.3. Salóns
recreativos. III.2.3.4. Parques multilecer. III.2.4. Establecementos para
actividades culturais e sociais. III.2.4.1. Museos. III.2.4.2. Bibliotecas.
III.2.4.3. Salas de conferencias. III.2.4.4. Salas polivalentes.III.2.4.5.
Salas de concertos. III.2.5. Establecementos de
restauración. III.2.5.1. Restaurantes. III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
III.2.5.2. Cafetarías. III.2.5.3. Bares.* III.2.6.
Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas. III.2.7.
Establecementos de lecer e entretemento.III.2.7.1. Salas de festas. III.2.7.2.
Discotecas. III.2.7.3. Pubs. III.2.7.4. Cafés-espectáculo. III.2.7.5.
Furanchos. III.2.8. Centros de lecer infantil.
Os establecementos de hostalaría e
restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público
e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou
para a súa recollida no local e consumo a domicilio.
O servizo de entrega a domicilio poderá
realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes
establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse
aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia
de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Os establecementos de restauración de centros
sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles
ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes poderán
manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o
cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá
realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase
asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre
clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de
mesas, e deberán ser todas elas conviventes ou persoas traballadoras que formen
un grupo de convivencia estable dentro do centro de traballo.
No caso de establecementos de hostalaría situados en
centros educativos, aplicaranse as regras previstas no parágrafo preferente
para os docentes e traballadores do centro. O alumnado só poderá facer
recollida de alimentos ou bebida. Estas regras non será aplicables aos
comedores escolares, que se rexerán pola súa normativa específica.
Suspendese a actividade lectiva presencial durante o
período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde,
nos seguintes centros educativos de réxime especial:
1º) Escolas oficiais de idiomas.
2º) Escolas de arte e superior de deseño.
3º) Escola Superior de Conservación e Restauración de
Bens Culturais.
4º) Escola Superior de Arte Dramática
5º) Conservatorios de música.
6º) Conservatorios de danza.
7º) Escolas de música.
8º) Escolas de danza.
9º) Centros autorizados de deportes, centros
autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.
10º) Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
11º) Centros autorizados de música e centros
autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que
permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros
docentes.
12º) Escolas de música privadas e escolas de danza
privadas.
- Adóptase a medida de peche
temporal ao público dos albergues turísticos durante o período
a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde.
- A actividade docente nas ensinanzas
universitarias correspondente ao segundo cuadrimestre comezará,
nas tres universidades públicas galegas, o luns 8 de febreiro. A docencia
restablecerase exclusivamente en modalidade non presencial durante o
período a que se estenda a eficacia da medida conforme o punto cuarto da
orde. As probas de avaliación das materias do primeiro cuadrimestre
poderán manterse nas datas e modalidades previstas en cada universidade.
- Suspéndese a actividade ao
público dos centros de interpretación e visitantes, das aulas da natureza,
casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos.
- Suspéndese a actividade ao
público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs de xubilados
e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo
caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os
ocupacionais, así como as casas do maior.
1. Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas
do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de
Galicia considerados individualmente.
2. Quedan exceptuados das anteriores limitacións
aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún
dos seguintes motivos:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos
sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais,
empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou
legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e
educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou
familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a
maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas
especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros
ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos
públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial,
así como outros trámites administrativos inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais
inaprazables.
j) Coidado de hortas e animais.
k) Asistencia a academias, autoescolas e centros
privados de ensino non regrado e centros de formación.
l) Desprazamento a establecementos comerciais polo
miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en
territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
m) Por causa de forza maior ou situación de
necesidade.
n) Calquera outra actividade de análoga natureza,
debidamente acreditada.
En todo caso, recoméndase limitar a mobilidade o
máximo posible.
Martes, 19 de xaneiro de 2021.
As medidas
previstas nestas ordes terán efectos desde as 00.00 horas do día 21 de xaneiro
de 2021.
Presidencia
da Xunta de Galicia
Consellería
de Sanidade
Establecementos
de hostalaría e restauración:
O horario de peche ao público será
ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio
ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de
entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A
permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo
caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados
manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles
contaxios.
Venres, 15 de xaneiro de 2021.
DECRETO 3/2021, do 13 de xaneiro, polo
que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de
Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de
Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade
competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de
outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de
infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Medidas Xerais
· Toque de queda adiántase ás 22:00
horas ata 06:00 horas.
· A hostalería e restauración pechará ás 18:00 horas, excepto o servicio a domicilio que si
está permitido e pode estar operativo ata as 00:00 horas e no caso da comida para recoller
no establecemento e levar a casa, ata as 21:30 horas.
· Peche dos comercios ás
21:30 horas.
· As reunións tanto
públicas como privadas quedan limitadas a catro persoas non convivintes ata as
18:00 horas, aínda que a recomendación principal é a de restrinxir ao máximo a
interacción social, limitándose á unidade de convivencia.
· Só unha persoas por
pacente poderá facer visitas ao hospital.
· Nas residencias
sociosanitarias quedan suprimidas as saídas dos centros aos
residentes, e restrínxense as visitas a tan só unha semanal por usuario.
· Os universitarios que
regresen ás cidades onde estudan poderán inscribirse de novo no rexistro de
viaxeiros para solicitar unha PCR.
· Grupo dun máximo de
catro persoas non convivintes nas actividades deportivas non
federadas, sen superar o aforo do 50%.
· Os cines e auditorios permiten un límite máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre, sempre sentados e coa distancia de
seguridade correspondente.
· Non haberá
almendras perimetrais con concellos limítrofes, o peche é individual. Os motivos
xustificados polos que se poderá saír dun concello pechado son:
- Adquisición de
medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros,
servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros
de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas
laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de
residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado
de maiores, menores, dependentes persoas con discapacidade ou persoas
especialmente vulnerables.
- Por causa de forza
maior o situación de necesidade.
- Cualquer outra
actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.
- Reposición en
gasolineras o estacións de servizo cando resulte imprescindible.
Nivel Máximo
O nivel máximo afectará a partir do próximo venres aos seguintes 60 concellos,
que terán peche perimetral por separado:
A Coruña:
Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames,
Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda,
Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra
do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.
Lugo:
Vilalba, Viveiro e Xove.
Ourense:
Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.
Pontevedra:
A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía,
Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O
Rosal y Salvaterra do Miño.
Medidas extraordinarias NIVEL MÁXIMO:
· A movilidade limitarase
a cada un destes concellos, o que supón que quedan illados individualmente e, polo tanto, se eliminan as almendras o agrupacións
de municipios.
· A hostalería e
restauración non terá servizo de interior e no exterior poderán atender ata as 18:00 horas. Tamén poderán ofrecer
servizo a domicilio.
· O aforo a centros
comerciais e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só servirán
para o tránsito de persoas, e a hostalería estará pechada porque considérase de
interior.
· Peche dos
establecementos de xogo.
Martes, 29 de decembro
de 2020
Mércores 23 de decembro de 2020.
PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS
TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.
NOVAS MEDIDAS NOVEMBRO
2020
Novas medidas
establecidas pola ORDE do 4 de novembro de 2020 e polo DECRETO 179/2020, do 4
de novembro, do presidente da Xunta de Galicia.
RESUMO DAS MEDIDAS
ESTABLECIDAS NAS SEGUINTES DISPOSICIÓNS:
DECLARACIÓN ESTADO DE ALARMA.
25/10/2020
NOVAS MEDIDAS EN VIGOR
DESDE O 22 DE OUTUBRO DE 2020.
DOG 21/10/2020
Toda Galicia: NIVEL 2 DE AFOROS E MÁXIMO 5 PERSOAS EN GRUPOS
• Reunións máximo
5 persoas, salvo convivintes.
• 50% de
ocupación en interior en bares, cafeterías y restaurantes (prohibido
servicio en barra), 75% de ocupación en terrazas en exterior.
• Bodas
(exterior-interior): 100-50.
• Velatorios (exterior-interior):
25-10.
• Eventos deportivos
(exterior-interior): 150-60.
LIMITACIÓNS DE CAPACIDADE E MEDIDAS DE
PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES:
Ø Establecementos e locais
comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos
ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.
Os establecementos e locais
comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao
público que non formen parte de centros ou parques comerciais
non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total.
No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza
de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción. Deberán
establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física. O uso da máscara será
obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal
indicada.
Deberán prestar un servizo de
atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas
como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios
determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do
servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos
establecementos e locais.
Ø Actividades en academias,
autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de
formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración
autonómica en centros e entidades de formación.
A actividade que se realice nestes
centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha
capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.
Ø Establecementos de hostalaría
e restauración.
1. Os establecementos de hostalaría
e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para
consumo no interior do local.
2. O consumo dentro do local poderá
realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase
asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre
clientes. Non está permitido o consumo na barra.
3. As terrazas ao aire libre dos
establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao
setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior
con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para
este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.
Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo
que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes,
muros ou paramentos. No caso de que o establecemento de hostalaría e
restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie
destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas
previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha
proporción do setenta e cinco por cento entre mesas e superficie dispoñible e
sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da
vía pública en que se sitúe a terraza.
4. En todo caso, deberá asegurarse
que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou,
de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas
por mesa ou agrupación de mesas. Todas estas persoas deberán ser conviventes
naqueles concellos onde se aplique, en virtude de orde específica da persoa
titular da consellería competente en materia de sanidade, a medida máis
restritiva de grupos constituídos só por conviventes. A mesa ou agrupación de
mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e
permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre
elas.
5. Os establecementos de hostalaría
e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se
poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.
6. As medidas contidas nos números
3, 4 e 5 serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer
nocturno.
Ø Condicións para ocupación de zonas
comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.
1. A ocupación das zonas comúns dos
hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa
capacidade. Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos
distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar
eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a
capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e
distancia mínima establecidas.
2. As actividades de animación ou
clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de
cinco persoas, sexan ou non conviventes, e incluídos os monitores, e deberanse
establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade
interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas
conviventes.
Ø Albergues turísticos.
Na modalidade de aloxamento turístico
de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima
permitida.
Ø Centros de lecer infantil.
Os centros de lecer infantil poderán
levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil
para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado pola
Orde da Consellería de Sanidade, do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade
máxima do cincuenta por cento do seu total.
Ø Celebración de congresos, encontros,
reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.
Poderanse celebrar congresos,
encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares
promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que
non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de
celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de
cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre. Non obstante,
poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares
pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da
autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas
medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste
caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades,
públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios
de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e
actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en
España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias
Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do
Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou
substitúan. O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións
profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.
Ø Establecementos e locais de xogo e
apostas.
1. Os establecementos de xogos
colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns
recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e
instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas,
conforme esta bleza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar
a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade
permitida.
2. En todo caso, deberá asegurarse
que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou,
de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas
por mesa ou agrupación de mesas, e todas elas deberán ser conviventes naqueles
concellos en que, en virtude de orde específica da persoa titular da
consellería competente en materia de sanidade, se aplique a medida máis
restritiva de limitación de grupos aos constituídos só por persoas conviventes.
En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao
aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.
3. Os establecementos e locais
deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o
acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun
período máximo de desaloxo de trinta minutos.
Ø Limitación de capacidade para outros
locais ou establecementos comerciais.
1. Con carácter xeral, calquera
outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente
unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa
específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da
capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un
máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se
se trata de actividades ao aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite
indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas
persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da
Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas
e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude
dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou
privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo
cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e
actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en
España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias
Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio
de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.
O disposto neste número 1 non será
de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos
e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos
ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de
peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos,
equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de
compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e
lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas
na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.
2. As actividades en grupos deberán
realizarse cun máximo de cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes
e incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse
establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade
interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas
conviventes.
3. En calquera caso, poderase
suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade
competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea
desenvolvendo.
Medidas por localidades:
Santiago e lugar de Milladoiro na parroquia de Biduido (Ames) : NIVEL 3 DE
AFOROS E GRUPOS DE SO CONVIVINTES
• Prohibidas reunións de non
convivintes
• Prohibido o interior de bares e
cafeterías, 50% de ocupación en terrazas.
• Vodas (exterior-interior): 50-25
• Velatorios (exterior-interior):
25-10
• Eventos deportivos
(exterior-interior): 75-30
• Cines e teatros
(exterior-interior): 75-30
Carballiño: NIVEL 3 CON PECHE ACTIVIDADE NON ESENCIAL
• Carballiño, O Irixo e Boborás: Xa
están en nivel 3 con reunións so de convivintes e restricións de mobilidade
perimetral no conxunto dos 3 concellos.
• Se acorda manter as medidas neses
tres concellos e pechar todas as actividades que non sexan esenciais
(alimentación, médico, estudios), é dicir pechar todo o que sexa ocio e
cultura.
Ourense e Barbadás: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Mantense a situación actual
• Limitación reunións so convivintes
• Peche perimetral
Verín, Oimbra e Vilardevós: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Incorporar Oimbra e Vilardevós
• Peche perimetral no conxunto dos 3
concellos
• Reunións só convivintes
• Peche de interior de bares e
cafeterías
O Barco
• Segue como estaba
DOG 18/09/2020
MEDIDAS PARA VIAXEIROS
As persoas procedentes doutros
territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na
Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo
máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade
Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce
días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:
a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano:
Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá,
Paraguai, Perú, Illas Tartarugas, Venezuela,
Haití, Xamaica e Nicaragua.
c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein,
Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Kuwait, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán,
Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán,
Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.
d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán,
Andorra, Kosovo e Montenegro.
e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam.
e) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cantabria,
Castilla-La Mancha, Castilla y León,
Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja
DOG
18/09/2020
Práctica
da actividade deportiva federada de competencia autonómica.
PROTOCOLO
FISICOVID-DXTGALEGO: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/protocolo-fisicovid-dxtgalego-polo-que-se-establecen-medidas-para-facer-fronte-crise-sanitaria-ocasionada-pola-covid-19-no-ambito-do-deporte-federado-de-galicia
Discotecas e
resto de establecementos de lecer nocturno.
DOG
11/09/2020
DOG
26/08/2020
Esta orde engade novas medidas de
prevención no caso de espectáculos públicos e actividades recreativas
que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, rexidas
pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades
recreativas de Galicia.
Entrada en vigor desde o xoves 27 de
agosto de 2020.
Ampliación do prazo ata o 17 de agosto
de 2020 en relación as convocatorias de REACTIVA COMERCIO E REACTIVA
SERVIZOS E TURISMO.
MEDIDAS
PARA VIAXEIROS
MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN COA CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES
DOUTROS TERRITORIOS
RESOLUCIÓN
do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se
determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de
comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen
medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal
procedentes doutros territorios.
En vigor a
partir do 28 de xullo de 2020.
Nos espazos
privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no
caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como
o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas
de hixiene. Así mesmo, recomendase limitar o número de asistentes aos mínimos
posibles e que, en todo caso, non superen as 25 persoas.
Esta axuda está destinada a autónomos que non solicitaron a prestación por
cese de actividade.
Prazo de solicitude: dende o 7 de xullo ao 6 de agosto
de 2020.
ERTEs fuerza mayor Covid-19, ERTEs ETOP Covid-19 e
Medidas de apoyo a los trabajadores autónomos.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN ADICIONAIS NA COMUNIDADE
AUTÓNOMA DE GALICIA
O prazo de presentación comezará o
26/06/2020
Ampliación do prazo ata o
17 de agosto de 2020.
· IG279 - REACTIVA
COMERCIO SEGURO
O prazo de presentación finaliza o
31/07/2020
Ampliación do prazo ata o
17 de agosto de 2020.
O prazo de presentación finaliza o
30/09/2020
· IG272 - GALICIA
EXPORTA DIXITAL (2020.2) - NOVAS CONDICIONS
O prazo de presentación finaliza o
30/11/2020
SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS
AO MANTEMENTO DOS SECTORES ECONÓMICOS POLO COVID-19 DO CONCELLO DE REDONDELA.
O DOG publica este sábado 13 de xuño
a Resolución pola que se regula a nova normalidade na Comunidade Autónoma de
Galicia dende o luns 15 de xuño de 2020. RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral
Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do
Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de
prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha
nova normalidade.
As medidas dispostas no BOE polo Goberno
para a Transicón hacia a Nova Normalidade veñen resuladas polo Real
Decreto-ley 21/2020, de 9 de junio, de medidas urgentes de prevención,
contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada
por el COVID-19.
NORMATIVA DA NOVA NORMALIDADE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020.
Resumimos as medidas de prevención
necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a
superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e
ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de
interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de
2020 reguladas pola RESOLUCIÓNdo 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería
de Sanidade,pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de
Galicia, do 12 dexuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para
facer fronte á crisesanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase
III do Plan para atransición cara a unha nova normalidade.
Restablecemento
de determinadas actividades suspendidas:
Sempre
que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración
autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo,
das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente
ela estableza:
a) Os
establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas
deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos,
espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.
b) Os locais
de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da
apertura das terrazas ao aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.
c) As festas,
verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras.
Medidas
de hixiene exixibles aos establecementos e locais con apertura ao público.
1. Os
establecementos e locais que abran ao público realizarán, polo menos unha vez
ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás
zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o
establecido na letra a) do número 2.1.
2.
Revisarase frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e
pomos de porta dos aseos nos establecementos e locais con apertura ao público.
3. Durante
todo o proceso de atención ao usuario ou consumidor deberá manterse a distancia
de seguridade interpersoal co vendedor ou provedor de servizos, que poderá ser
dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.
No caso de
servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal,
deberase utilizar o equipamento de protección adecuado ao nivel de risco que
asegure a protección tanto do traballador como do cliente.
Medidas
adicionais aplicables a centros comerciais e parques comerciais abertos ao
público.
Ademais do
disposto, os centros e parques comerciais abertos ao público deberán cumprir as
condicións seguintes:
a) O uso de
aseos familiares e salas de lactación restrinxirase a unha única familia, non
poderán compaxinar o seu uso dúas unidades familiares e deberase reforzar a
limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de
salubridade e hixiene.
b) O uso dos
aseos e salas de lactación comúns dos centros e parques comerciais deberá ser
controlado polo persoal destes, e deberá reforzarse a limpeza e desinfección
dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
c) Deberase
proceder diariamente á limpeza e desinfección das zonas comúns e zonas
recreativas dos centros e parques comerciais, como de maneira regular durante o
horario de apertura, prestando especial atención ás áreas de contacto das zonas
comúns, tales como chans, mostradores, xogos das zonas infantís e bancos ou
cadeiras.
Medidas
adicionais aplicables a dispositivos de venda e cobro automático, máquinas
expendedoras e de cobro, lavanderías autoservizo e actividades similares.
No caso de
dispositivos de venda e cobramento automático, máquinas expendedoras e de
cobramento, lavandarías autoservizo e outras actividades similares, o seu
titular deberá asegurar o cumprimento das medidas de hixiene e desinfección
adecuadas tanto das máquinas como dos establecementos e locais, así como
informar os usuarios do seu correcto uso mediante a instalación de cartelaría
informativa. Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de
uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes e deberanse realizar tarefas
de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e
durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire. Fomentarase o
pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre
dispositivos. Deberase dispor de papeleiras onde poder depositar panos e
calquera outro material desbotable. As ditas papeleiras deberanse limpar de
forma frecuente e, polo menos, unha vez ao día.
Medidas
relativas á hixiene dos clientes e usuarios en establecementos e locais.
1. O tempo
de permanencia nos establecementos e locais será o estritamente necesario para
que os clientes ou usuarios poidan realizar as súas compras ou recibir a
prestación do servizo.
2. Deberá
sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes
ou usuarios, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría ou
sinalización. Poderanse establecer no local itinerarios para dirixir a
circulación de clientes ou usuarios para evitar aglomeracións en determinadas
zonas e previr o contacto entre clientes.
3. Deberanse
pór á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou
desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados,
en lugaresaccesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada do local ou
establecemento, e deberán estar sempre en condicións de uso.
4. Non se
poderán pór á disposición do público produtos de uso e proba que impliquen
manipulación directa por sucesivos clientes ou usuarios, sen supervisión de
xeito permanente dun traballador que poida proceder á súa desinfección tras a
manipulación do produto por cada cliente ou usuario.
5. Nos
establecementos do sector comercial téxtil, de arranxos de roupa e similares,
os probadores deberaos utilizar unha única persoa e deberá procederse a unha
limpeza e desinfección frecuente destes espazos. No caso de que un cliente
probe unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento
implementará medidas para que a peza sexa hixienizada antes de que sexa
facilitada a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións
de pezas que realicen os clientes.
6. No caso
de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios,
procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes
con carácter previo e posterior ao seu uso. No entanto, estableceranse os
mecanismos e procesos oportunos para garantir a hixienización destes obxectos.
7. Deberase
proceder á limpeza e desinfección frecuente de calquera tipo de dispositivo,
así como de cadeiras, mesas ou calquera outro mobiliario ou superficie de
contacto que empreguen distintos usuarios.
Medidas
de hixiene e prevención na prestación do servizo nos establecementos de
hostalaría e restauración.
Ademais das
indicadas, na prestación do servizo nos establecementos de hostalería e
restauración deberán respectarse as seguintes medidas de hixiene e prevención:
a) Limpeza e
desinfección do equipamento, en particular mesas, cadeiras, barra, así como
calquera outra superficie de contacto, de forma frecuente. Así mesmo, deberase
proceder á limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día. Nas
tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás
superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do
número 2.1.
b)
Priorizarase a utilización de mantelarías dun só uso. No caso de que isto non
fose posible, deberá evitarse o uso da mesma mantelaría ou gardamanteis con
distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu
cambio entre servizos e o seu lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90
graos centígrados.
c)
Procurarase evitar o emprego de cartas de uso común, promovendo o uso de
dispositivos electrónicos propios, encerados, carteis ou outros medios
similares.
d) Os
elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalaría, xogos de cubertos
ou mantelaría, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non
fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.
e)
Priorizarase o uso de produtos monodose desbotables, ou o seu servizo noutros
formatos baixo petición do cliente, para dispensación de panos de mesa,
escarvadentes, vinagreiras, aceiteiras e outros utensilios similares.
f) Nos
establecementos que conten con zonas de autoservizo, deberá evitarse a
manipulación directa dos produtos por parte dos clientes, polo que deberá
prestar o servizo un traballador do establecemento, salvo no caso de que se
trate de produtos envasados previamente.
g) Se o uso
dos aseos ou similares está permitido por clientes, visitantes ou usuarios, a
súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata catro metros
cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia;
nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para
aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou
urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e
urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia
de seguridade. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos aseos
garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
h) O persoal
traballador que realice o servizo en mesa e en barra deberá procurar a
distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e
prevención necesarios para evitar o risco de contaxio. En calquera caso, será
obrigatorio o uso de máscara para o persoal destes establecementos na súa
atención ao público.
LIMITACIÓNS
DE CAPACIDADE E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES
Medidas
en materia de control de capacidade.
1. Os
establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade
máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita
capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu
interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e
control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.
2. A
organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá
procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal. Na
medida do posible estableceranse itinerarios para dirixir a circulación de
clientes e usuarios e evitar aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior
como no exterior, e previr o contacto entre eles. Cando se dispoña de dúas ou
máis portas, procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a
saída, co obxecto de reducir o risco de formación de aglomeracións.
3. Cando se
dispoña de aparcamentos propios para traballadores e usuarios, establecerase un
control de accesos para mellor seguimento das normas de capacidade. Na medida
do posible as portas que se atopen no percorrido entre o aparcamento e o acceso
á tenda ou aos vestiarios dos traballadores disporán de sistemas automáticos de
apertura ou permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de
apertura.
4. De ser o
caso, o persoal de seguridade velará para que se respecte a distancia
interpersoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e
aglomeracións, prestando especial atención ás zonas de escaleiras mecánicas,
ascensores, zonas comúns de paso e zonas recreativas.
5. En caso
necesario, poderanse utilizar valos ou sistemas de sinalización equivalentes
para un mellor control dos accesos e xestión das persoas par os efectos de
evitar calquera aglomeración.
6. En
calquera caso, a sinalización de percorridos obrigatorios e independentes ou
outras medidas que se establezan realizaranse tendo en conta o cumprimento das
condicións de evacuación exixibles na normativa aplicable.
Medidas
para a entrada, saída e circulación de público espectador ou asistente en
establecementos.
1.
Recomendarase a venda en liña da entrada e, en caso de compra en billeteira,
fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto
físico entre dispositivos.
2.
Procurarase sempre que os espectadores ou asistentes estean sentados e manteñan
a distancia interpersoal de seguridade fixada, salvo que o tipo de actividade
non o permita.
3.
Recoméndase, en función das características da actividade e do local pechado ou
do espazo ao aire libre en que se desenvolva, que todas as entradas e os
asentos estean debidamente numerados, e deberán inhabilitarse as butacas que
non cumpran cos criterios de distanciamento físico, así como as non vendidas.
Evitarase, no posible, o paso de persoas entre filas que supoña non respectar a
distancia de seguridade.
4. A
apertura de portas realizarase con antelación suficiente para permitir un
acceso graduado, polo que se deberán fixar franxas horarias adecuadas para o
acceso. A saída do público deberá realizarse de forma graduada por zonas,
garantindo a distancia entre persoas.
5. Nos
espectáculos en que existan pausas intermedias, estas deberán ter a duración
suficiente para que a saída e a entrada durante o descanso tamén sexa graduada
e cos mesmos condicionamentos que a entrada e saída de público.
6.
Utilizarase a máscara cando non se poida garantir a distancia de seguridade
interpersoal e durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns e nos
momentos de entrada e saída.
7.
Facilitarase a agrupación de conviventes, mantendo a debida distancia de
seguridade co resto dos espectadores.
8.
Realizaranse, antes e logo da actividade de que se trate, avisos que anuncien e
recorden as medidas de hixiene e distanciamento e o escalonamento na saída do
público.
9.
Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os
traballadores e o público ou, na súa falta, utilizaranse medidas alternativas
de protección física con uso de máscara.
Establecementos
e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais
abertos ao público que non formen parte de centros o parques comerciais
1. Os
establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos
profesionais abertos ao público que non formen parte de centros o parques
comerciais non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade
total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a
presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción.
Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.
2.
Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.
Establecementos
que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.
1. Nos
centros ou parques comerciais no poderá superarse o 50 por cento da capacidade
nas súas zonas comúns e recreativas determinada no Plan de autoprotección de
cada centro ou parque comercial.
2. Os
establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos
profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non
poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de
establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de
clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción.
3. Deberanse
establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade
interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns e
recreativas, como poden ser zonas infantís ou áreas de descanso ou, na súa
falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de
máscara, así como evitar as aglomeracións de persoas que comprometan o
cumprimento destas medidas.
4.
Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.
Mercados
que desenvolven a súa actividade na vía pública.
1. No caso
dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou
de venda non sedentaria, coñecidos como mercadillos, non poderán superar o
setenta e cinco por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a
afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de
seguridade interpersoal. Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada
ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta
limitación. Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa
actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos
alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os
produtos comercializados neles por parte dos consumidores. Os concellos
establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de
delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes ou, na súa
falta, será precisa a utilización de medidas alternativas de protección física
con uso de máscara.
2. Durante
todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de
seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá
ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.
3. Deberá
sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes,
con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para
aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun
cliente ao mesmo tempo.
4.
Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou
desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados
nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía
pública.
5.
Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das
instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes,
especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de
ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas
de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial
atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.
6.
Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.
Actividades
en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de
formación.
1. A
actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de
ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación
do artigo 9 do Real decreto lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de
prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria
ocasionada polo COVID-19, inscritos no correspondente rexistro, poderá
impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do
setenta e cinco por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de ata
vinte e cinco persoas.
2. Deberán
establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade
interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas
alternativas de protección física con uso de máscara.
3. No caso
de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo
persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.
Establecementos
de hostalaría e restauración.
1. Os
establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o setenta e
cinco por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.
2. O consumo
dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións
de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade
interpersoal entre clientes ou, de ser o caso, grupos de clientes situados na
barra ou entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas.
3. As
terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración
limitarán a súa capacidade ao oitenta por cento das mesas permitidas no ano
inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que
sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por
primeira vez. Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou
todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de
dúas paredes, muros ou paramentos. No caso de que o establecemento de
hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a
superficie destinada á terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de
mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso,
unha proporción do oitenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e
sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da
vía pública en que se sitúe a terraza.
4. En todo
caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade
interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación
máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.
Condicións
para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.
1. A
ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá
superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade. Para iso cada
establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así
como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis
seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima previsto e de
acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.
2. As
actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse
cunha capacidade máxima de vinte e cinco persoas. Deberase respectar a distancia
de seguridade interpersoal entre as persoas que asistan á actividade e entre
estes e o animador ou adestrador, ou utilizar máscaras na súa falta. As
actividades de animación ou clases grupais realizaranse preferentemente ao aire
libre e procurarase evitar o intercambio de material.
3.
Realizarase a correspondente desinfección de obxectos e material utilizado nas
actividades de animación logo de cada uso e disporase de xel hidroalcohólico ou
desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados.
4. No caso
de instalacións deportivas de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como
piscinas ou ximnasios, aplicaranse as medidas establecidas especificamente para
estas. Determinaranse por cada establecemento as directrices e recomendacións
para o seu uso, de acordo coas normas de prevención e hixiene previstas neste
acordo, e garantirase o seu coñecemento por parte dos usuarios.
Albergues
turísticos
1. Na
modalidade de aloxamento turístico de albergue, polas súas especiais características,
permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da súa capacidade
total.
2. As
persoas titulares do establecemento adoptarán as medidas organizativas
oportunas para evitar aglomeracións e para procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física dos clientes entre si
mesmos e destes con respecto dos traballadores con uso de máscara.
3. Ademais
do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso
de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e
restauración, a prestación deste axustaranse ao previsto nas condicións para a
prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.
Centros
de lecer infantil.
Permanecerán
pechados os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións
recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a
12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas
infantís. Non obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así
o aconselle, a súa actividade poderá restablecerse cando a Administración
autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo
polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.
Celebración
de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos
similares
1. Poderanse
celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e
actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou
privada, sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade
permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de trescentas persoas
sentadas para lugares pechados e de mil persoas sentadas tratándose de
actividades ao aire libre. O recollido neste número será tamén de aplicación
para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos
similares.
2. Deberán
establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal durante a súa celebración ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.
3. Ademais
do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso
de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a
prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do
servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.
Discotecas
e resto de establecementos de lecer nocturno.
1. Os locais
de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poderán manter abertas
ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo sentado en
mesa, nas condicións que se indican a continuación. Non obstante, sempre que a
evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, o resto da súa
actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o
permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se
aproban as medidas contidas neste anexo.
2. As
terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao
setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior
con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para
este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse
terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo
que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes,
muros ou paramentos.
En todo
caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade
interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A
ocupación máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.
3. Ademais
do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán
aplicarse as condicións previstas especificamente para a prestación do servizo
nos establecementos de hostalaría e restauración.
Fonte: Publicado o: 18/06/2020
Fonte: Publicado o: 12/06/2020
Fonte: Publicado o: 12/06/2020
Fonte: Publicado o: 10/06/2020
Fonte: Publicado o: 10/06/2020
Fonte: Publicado o: 09/06/2020
Fonte: Publicado o: 04/06/2020
Fonte: Publicado o: 04/06/2020
Fonte: Publicado o: 02/06/2020
Fonte: Publicado o: 01/06/2020
Fonte: Publicado o: 29/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 27/05/2020
Fonte: Publicado o: 26/05/2020
Fonte: Publicado o: 26/05/2020
Fonte: Publicado o: 25/05/2020
Fonte: Publicado o: 25/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
13/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
11/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
11/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
09/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
08/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
06/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
05/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
05/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
28/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
28/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
27/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
23/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
21/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
15/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
14/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
08/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
08/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
07/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
02/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
02/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
01/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
31/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
30/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
30/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
27/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
27/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
26/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
25/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
24/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
22/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
18/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
16/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
15/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o:
13/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 12/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 02/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 13/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 02/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 14/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 08/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
- Real Decreto 476/2020, de 27 de
marzo, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real
Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de
alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por
el COVID-19 (BOE 28 de marzo de 2020).
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 19/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 14/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 13/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/03/2020