foto-xm-0.png

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE, LARA MENESES, INAUGURA O PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.

Na visita a Redondela a Directora Xeral tamén estivo na empresa colaboradora PETER TABOADA, S.L., que na edición anterior inseriu ao 100% dos traballadores que realizaron a estadía formativa na empresa .

A Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, realizou unha visita a Redondela nun acto inaugural do programa Xuventude Mentoring na Empresa desenvolvido pola Asociación de Empresarios de Redondela.

 

Un total de 16 persoas mozas comezaron as estadías formativas nas empresas. Son 10 empresas colaboradoras, dun total de 23, as que darán acollida inicialmente as persoas beneficiarias desta edición do Programa. Este importante número de empresas permite contar con unha gran variedade de postos que se adaptan aos distintos perfís das persoas participantes e incluso poder estruturar programas formativos complementarios en varias empresas.

 

As estadías formativas terán unha duración de tres meses e buscan a formación práctica en centros de traballo. Este programa supón unha gran oportunidade para as persoas participantes que lles permite ter acceso directo as empresas dos principais sectores estratéxicos de Galicia e as empresas chequear a idoneidade das persoas candidatas.

 

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha esta segunda edición despois de acadar a máxima puntuación, e avalada polos resultados da edición 2023. 



Na visita á EMPRESA PETER TABOADA, S.L. puxéronse de manifesto novamente as necesidades de suelo industrial no concello de Redondela para poder atender adecuadamente ás necesidades de crecimiento das empresas existentes.

O Director Xeral da compañía, PEDRO TABOADA, contou na visita realizada pola Directora Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, a traxectoria da empresa creada en 1979 e especializada no deseño, fabricación e comercialización con tecnoloxía propia, de sistemas de tratamento e purificación de auga para os sectores naval, industrial, hospitalario e hostaleiro-residencial.


Desde as súas instalacións en Redondela exporta a súa tecnoloxía a máis de 60 países en todo o mundo sendo os seus principais mercados Asia e América Latina. Proxectos tales como os realizados para Petroecuador EP, STX Europe, Goberno de Basora e outros, colocan á tecnoloxía galega na elite internacional do noso sector.


Son moitos os proxectos realizados por esta empresa que se poderían destacar como O superyate ILMA, que o estaleiro Chantiers de l'Atlantique construíu para The Ritz-Carlton Yacht Collection que xa navega polomediterráneo. Este cruceiro de ultra-luxo de 241 metros de eslora e unha capacidade para albergar ata 450 pasaxeiros tamén conta coa última tecnoloxía en tratamento de auga de PETER TABOADA. Dispón de tres plantas desalinizadorasque transforman a auga de mar en auga potable e en auga técnica así como do equipamento necesario para garantir a calidade de auga que requiren todas as subministracións deste buque. Este é o primeiro dos dous super cruceiros que o estaleiro francés ha encargado a PETER TABOADA (J35 e k35) para Ritz-Carlton Yatch Collection.


Grazas á actividade desenvolvida no mercado exterior desde hai máis de 20 anos, logrou escalar progresivamente no seu volume de facturación e as perspectivas a futuro fan ser moi positivos dado o forte auxe que en Latino América está a producirse no investimento en tecnoloxía estranxeira de alta especialización. Este crecemento foi ligado á continua contratación de persoal que, por desexo e convicción da empresa en canto ao apoio e soporte a todos os seus empregados, dispón dun 100% de contratos indefinidos no seu persoal. Como especialistas no deseño e fabricación de sistemas de desalinización de auga mediante ósmosis inversa, suma máis de 1.000 plantas de tratamento de auga operando neste momento nos cinco Continentes e en usos tan dispares tales como Submarinos OTAN, plataformas petrolíferas e de almacenamento de gas, Cruceiros, Refinerías, Hospitais etc.


Dispón de cinco patentes internacionais que exemplifican o esforzo que realiza en I+D+i para desenvolver sistemas de tratamento de auga que fagan a nosa vida máis cómoda e segura.